miércoles, 5 de octubre de 2016

(A GUARDA) IN MEMORIAM


     No pasado mes de setembro, (28.09.2016), emprendeu seu viaxe o alén, o amigo, artista  e mestre no arte da fotografía, José Gardeazabal Rivas, “Pepe Rivas” de quen moitos apredemos algúns dos segredos da imaxe e o retrato, así como tamén anécdotas e datos de temas puntuais de persoas e da nosa localidade..

            Namentras pudo, alí estuvo para escoitar e dar consellos, ensinar os que se iniciaban no mundo da fotografía, para impartir calquer curso de xeito altruista, ou para colaborar con aquelas entidades culturais deportivas e tamén cas comisións de festas para os seus reportaxes dos eventos que celebraban ou cando  precisaban levar adiante as fichas dos equipos ou deixar testimuña da súa presentación o inicio da cada tempada, ou dunha actuación especial, alí estaba .

            Dende InfoMAXE, lamentamos a súa e queremos facer público o noso agradecemento a quen confiou en nos e nos fixo depositarios dunha boa parte do séu arquivo, maquinaria, cámaras e materiais.

            Somentes nos queda decir, bon viaxe o alén, e agora xa estás xunto a túa Marcola, tus irmáns, familiares e amigos. Ata sempre, Pepe.

InfoMAXE

No hay comentarios:

Publicar un comentario