jueves, 6 de febrero de 2014

(O ROSAL) D. MANUEL SUAREZ MARQUIER


 

D. MANUEL SUAREZ MARQUIER
(Alcalde de O Rosal)
            Nacido na parroquia de San Mamede de Loureza (Acevedo-Oia) o 1º de novembro do 1913, 4º dos cinco fillos do matrimonio de Lorenzo Suárez García e de Eulalia Marquier Rios, de Luarca (Asturias) quenes por avatares da vida (contratista de obras públicas) se estableceron no Baixo Miño.
            Adquiriron e modernizaron a empresa “Hidroeléctrica Rosaleña” que fundara en 1925 D. Indalecio Carrera Piedra, o igual que o aserradeiro aledaño e anos despois, contituiron a empresa “Hermanos Suarez” adicada a construcción.
            Polo traballo de séu pai, Suarez Marquier, vive e estudia en diversos pobos, fai as primeiras letras en Ourense, rematando o séu bacherelato no colexio La Salle, en Asturias, alternado as clases traballando con séu pai nas brigadas de carreteras.
            Establecido definitivamente en O Rosal, casa en 1958, con Dona María de la Concepción Vicente Martínez, de cuio matrimonio naceron sete fillos. Participa na vida municipal como concelleiro en distintas comisións e pasa a ser nomeado Alcalde en 1951, estando neste posto ata 1975, formando parte de distintas delegacións provinciais e do Estado no séu gubernativas, senón tamén vinculadas as súas actividades empresariais e de interés locais como as agrarias e educativas.
Efecto da súa participación naquelas inquedanzas dos rosaleiros é de destacar: 
En 1964, os mestres da localidade, polo séu empeño en mellorar as instalacións educativas e as vivendas dos mesmos, solicitan a distinción de “Comendador de la Orden de Cisneros” da cal é nomeado “Caballero”
Polo séu traballo na repoboación forestal, extinción de incendios, delimitación dos montes, accesos novos e mantenemento dos mesmos, depósitos, observatorios etc., o Gobernador Civil de Pontevedra lle impón a “Medalla de la Orden del Mérito Civil”
A Cámara Agraria Provincial e a Hermandad de Labradores de O Rosal, en recoñecemento o séu traballo e esforzo, especialmente na conflictiva e polémica Concentración Agraria, solicita pa él a Medalla de la Orden del Mérito Agrícola”
En 1976, na súa retirada o fronte do Concello de O Rosal, a nova Corporación Municipal, acorda nomealo, “Alcalde Honorario” en recoñecemento das súas grandes aportacións a séu pobo de adopción.
Así mesmo, en acto solemne celebrado no curso 1981-82, o Concello aprobou darlle o nome de “Manuel Suarez Marquier” o colexio da Mata.
Falecido en O Rosal, o 23 de abril do 1988
No Pleno Ordinario do Concello de O Rosal celebrado o 30 de abril dese ano, a Corporación Municipal acorda por unanimidade: “Como de todos es sabido, el pasado día 23 del actual ha fallecido nuestro entrañable vecino, MANUEL SUAREZ MARQUIER, Alcalde Honorario de nuestro Ayuntamiento. Glosar en estos momentos quien era Manuel Suarez, creo que es innecesario, su personalidad, su carácter, su rectitud y su sencillez con todos es el mejor reflejo. Sus 26 años de paso por la Alcaldía de El Rosal, reportaron a éste épocas de progreso y esplendor; ahí quedan, entre otros, los Grupos Escolares, Plaza de Abastos, Cuartel, Carreteras, Concentración Parcelaria, Colegio Nacional, que, tan justamente lleva su nombre y por el que tanto luchó; y montones de cosas más, difícilmente enumerables que beneficiaron al pueblo de El Rosal, por el cual entregó totalmente ocupado para ello tres cuartas partes de su vida. A su labor, esta Corporación o futuras les queda el deber de su reconocimiento, en estos momentos, y sin perjuicio de futuras , y con nuestro cariñoso recuerdo, solo nos queda decir: MANUEL SUAREZ MARQUIER, ALCALDE DE EL ROSAL, DESCANSA EN PAZ.

Datos recollidos de diversos traballos de  Xoán Martínez Tamuxe

No hay comentarios:

Publicar un comentario