viernes, 7 de febrero de 2014

Manuel da Ventosela


MANUEL ALVAREZ RIVERO
(Manuel da Ventosela)
Manuel Alvarez Rivero, coñecido como “Manuel da Ventosela”, nace una xuradía de Novás, no lugar da Ventosela do Concello de O Rosal o 29 de marzo de 1907, sendo séus país Florindo e Josefa.
Como a gran maioría dos nenos/as da súa época, acode a escola do barrio, para logo pasar o Colexio “San Luís Gonzaga” do sacerdote don Serafín Alvarez Rodríguez.
Escomenza a traballar na telleira con seu pai, e logo con 14 anos, emigra a Sevilla para traballar no comercio co seu tío, Francisco Lorenzo Fernández, donde amplía a súa formación académica, dedicándose a ler aos clásicos e a poesía  romántica.
Volve a Galicia a facer o Servicio Militar en Ferrol, na “Quinta do 28” en  Infantería de Marina, tomado parte das maniobras navais no “España nº 5” e de cuias experencias escribe séu primerio libro “Maniobra Naval Militar del Ferrol a Cartagena” financiada polo Ministerio de Marina.
En 1932 publica en Sevilla “Lágrimas  del corazón”, dedicado a Jaime Solá, director de “Vida Gallega”, recopilación de poesías publicadas mayoritariamente no “Heraldo Guardés”, do que foi un colabourador habitual, o igual que en “Vida Galega”, “Nuevo Heraldo” e “El Pueblo Gallego”
Volta de Sevilla para incorporarse a guerra no bando “nacional” e escribe poesía e crónicas para diversos xornáis.
Rematada a loita fraticida, pasa a ser conselleiro no Concello de O Rosal e a desempeñar a función de Depositario Municipal, traballando tamén para a Xefatura Provincial de Educación e Descanso.
Este xoven rosaleiro, solteiro, romántico, festiceiro e namoradizo, amosa polos séus poros o súa sensibilidade transmitidas a través dos séu poemas,
No bienio 1942/43 forma parte da Directiva da Sociedade “Liga de Amigos”, de donde foi Secretario e Bibliotecario, donando varios libros a dita institución, da súa biblioteca que estaba composta de perto de mil libros, desaparecidos despois da súa estrana e estrabótica morte, acontecida o 7 de novembro do 1944, tras unha serie de ataques sobre a falta duns diñeiros públicos, sintíndose traicionado e calumniados por persoas que él consideraba amigos.

No ano 1990, a Agrupación Cultural Guardesa, adicoulle os actos dese día, e o sábado 26 de maio no Recreo Artístico Guardés, levouse a cabo unha conferencia sobre este poeta baixomiñoto por parte de Xoan martínez Tamuxe.
Hai que destacar que o 1º de Maio de 1990, se fai una 2ª edición de “Lágrimas del Corazón” por parte do Concello de O Rosal, e se aproveita esa data, Festa de San Xosé Obreiro en Novás, para inaugurar a praza e o busto adicado o poeta, obra do escultor rosaleiro, Félix G. Fidalgo.
Neste mesmo lugar no ano 1991, se levou a cabo a presentación da recopilación das publicacións en prosa de Manuel da Ventosela editados no “Heraldo Guardés” cuio prólogo foi escrito polo Cronista Oficial de Vigo, Lalo Vázquez Gil.
No 2007, celebrando o  Centenario do Nacemento de  MANUEL DA VENTOSELA, o Concello de O Rosal, publicou os traballos aparecidos  no “Heraldo Guardés” e no “Nuevo Heraldo” levada a cabo por Xoán Martínez Tamuxe e Rhut Mª Martínez Barbosa, NOVOS POEMAS DE MANUEL DA VENTOSELA EN GALEGO E CASTELAN”
.



Datos extraidos de diversas publicacións de Xoán Martínez Tamuxe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario