Páxinas da Guarda, pretende ser unha fiestra aberta fundamentalmente a todos aqueles guardeses/as que están interesados pola historia do noso pobo en tódalas facetas, persoaxes, acontecementos, festas, agricultura, pesca, industria e todo aquilo que sucede ou sucedeu en A Guarda.
Non pretendemos acaparar os fondos dos que dispomos, xa que seguiremos poñéndollos a disposición de todos os que o necesiten, para as súas distintas actividades estudiantís, ou interesados nun caso concreto do eido familiar, local ou familiar, a úneca condición que solicitamos é que se faga referencia de donde procede a información.
Nas Páxinas da Guarda, iremos solicitando a diversos veciños coñecedores de distintos campos de interese, a súa colaboura e participación naquelas áreas que máis dominan a fin de facelas o máis amplas posibles.
No acontecer diario da vida do noso pobo, e cando nos sexa posible, publicaros reportaxes escritos e/ou fotográficos dos mesmos.
Benvidos as Páxinas da Guarda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario