sábado, 12 de enero de 2013

(A GUARDA) Alfredo Vázquez Palacios, Pintor

Naceu en A Guarda, o 9 de 4 xaneiro do 1907 na vivenda paterna ( altos da Farmacia Vázquez) na Praza Nova, sendo fillo de D. Benito Vázquez Vázqueze Dona Amelia Palacios Ramilo, naturais de Crecente e Porriño, (él, prestixioso farmaceuta e veterinario, ela irmán, do insigne arquitecto, D. Antonio Palacios Ramilo), quenes tiveron 14 fillos, e sendo o noso biografiado, e Juan, xunto con Dona Carmucha (como era coñecida por todos en A Guarda), a esposa do derradeiro Alcalde da IIª República, -Brasilino Alvarez Sobrino-, eran os máis novos dos Vázquez Palacios.
Este pintor autodidacta, tivo séu estudio nos altos da casa paterna, traballando en infinidade de medidas; dende xeixos os grandes murais como son as estampas mariñeiras e de festa que decoran as paredes do Bar Ligero (séu derradeiro traballo) e sobre diversos materiais, lenzo, vidro,  louza, pedra e madeira.




Pinturas no Bar "Ligero", Tradicionalmente "O Barquiño"

Os cadros de Alfredo Vázquez, son un conxunto de esceas galegas, en sintonía ca realidade do noso pobo, a así podemos contemplar, o espigón roto na “Fosella” por unha maruxía, as gaivotas o redor do muelle ou a lontananza do horizonte atlántico a través dos ollos daqueles vellos mariñeiros que consumían as súas horas no paredón esperando o retornos dos séus na gamela ca vela o vento, ou observando as argaceiras cos cramoeiros dende a Ribeira ata Aldramán.
            A súa identificación ca terra por medio da simple cala, trastocada como a deusa do futuro na súa denominación de “cornos da abundancia”, pero tamén, para os séus, a súa iconografía religiosa, como o Cristo amarrado na Cruz, ou unha Inmaculada rodeada de  anxiños. Os bodegóns, a caza e outras imaxes plasmou nos materiais que usaba, sempre co agrado dos observadores, pero principalmente para satisfacción persoal.
            Hoxe, por hoxe, cando se coñece unha obra de Alfredo Vázquez, se identifica co autor, donde gaiteiros, labregos, mariñeiros e demáis figuras, son a plasmación ideolóxica desta terra idealizada en figuras sencillas e simples como a propia terra.
            Tal e como manifesta Ricardo Rodríguez Vicente: Alfredo Vázquez viviu na procura do séu propio ismo pictórico. Por iso as súas obras presentan unha evolución constante. Artísticamente, Alfredo, non era –non podía selo-, un home conformista. Non perdeu o apego a terra, como se pode comprobar nunha visión detallada da súa obra. Iso non lle privou, en ocasións, de idealizar o hábitat, facéndoo máis ledo que na realidade. Recreando. Dalgún xeito, reflexando o séu estado de ánimo”.
            Toma o camiño da emigración a América, sendo a meta a República Oriental do Uruguai, donde fixo de todo, incluído o boxeo na categoría do peso pluma.
Regresa o país e trasladouse a Valencia a traballar na industria da cerámica con D. Eloy Domínguez Veiga, adicandose a decoración de louza, daquela, unha das industrias de referencia na elaboración deste tipo de materiais, e alí o sorprende o golpe militar do 18 de xullo de 1936, e se incorpora o exército leal o goberno establecido o 14 de abril do 31.
Cando, derrotadas as forzas republicanas, unha casualidade, fai que salve a vida, pois cando é trasladado con outros centos de soldados haci un campo de concentración, atópase con Antolín Lomba Rodríguez, quen o recoñece, reparte a súa comida con él, e escribe a D. Benito Vázquez contandolle a situación de séu fillo, dando inicio a tramitación para liberalo e traelo para A Guarda. Dende aquela a amizade entre Alfredo e Antolín, así como cas familias foi longa e profunda.
Contaban os nosos maiores, que un día, un policia, por facer unha gracia, decidiu burlarse de Alfredo e púsose a dispararlle perto dos pés nun negocio no cumio do Monte Trega, sen que éste respondera, Farto da situación, vaixou para o pobo, e cando se atopou con él e séus amigos, invitou a tomar uns viños nunha taberna, nada máis entrar, lanzoulle un puñal que clavou na porta do negocio, moi cerquita da cabeza do policia, éste quedou paralizado polo terror, e de súpeto saíron das más de Alfredo, tres´máis –a destreza no manexo destas “ferramentas” aprendeunas no selva tropical- , mandandolle marchar, e clavando o derradeiro donde uns instantes antes había estado a cabeza do elemento. 

Alfredo e a sua dona María Vicente Rodríguez.


A chavalada, cada vez que vía o policia, exclamaba: “ahí vai o valente que se mexou polos pantalóns o sentir as navallas do Alfredo”
A pesar de ser de clase acomodada, casou con Dona María Vicente Rodríguez, unha muller sencilla, modesta e humilde, en 1951, a edade de 44 e 34 anos respectivamente, e quen se adaptou e entendeu o mundo no que vivía este artista bohemio, tendo unha úneca filla, María Asunción (Chuni) Vázquez Vicente.
Faleceu os 49 anos de edade, o 14 de setembro do 1956, cando súa filla contaba catro anos.
A prensa adicou varias notas necrolóxicas, destacando as seguintes verbas: “…pertenenciente a una honorable familia que cuenta en la región gallega con unánimes afectos y amistades. La desaparición del señor Vázquez Palacios en la plenitud de la vida, ha producido profundo dolor, no solo en la comarca guardesa, donde tanto se le quería y consideraba, sinó también en Vigo y en toda la provincia pontevedresa, en la que contaba con múltiples simpatías. Era además el señor Vázquez Palacios, en el que concurrían singulares virtudes cristianas y sociales, un excelente artista decorador. Sus pinturas sobres mosaico, casi todas con motivos gallegos, eran muy apreciadas en el mercado y muy solicitadas, en particular para el extranjero”.

 Escenas típicas guardesas da colección particular da sua filla Chuny Vázquez. 

(Os datos desta breve biografía, foron extraídos dos diversos artigos que na prensa, libros de festas e programas de mán, ten elaborado Ricardo Rodríguez Vicente, decano de prensa, e persoa preocupada no eido cultural do noso pobo, de quen obtivemos autorización a traveso de Chuny Vazquez, amiga, poetisa e pintora local, da que falaremos noutra das nosas Páxinas da Guarda).


No hay comentarios:

Publicar un comentario