miércoles, 11 de octubre de 2017

(A GUARDA) Padre Baltasar Merino, Un meteorólogo con alma de mariñeiro


A faceta de Baltasar Merino como investigador no campo da meteoroloxia ten como factor mais relevante o seu interese en empregar os datos acadados coa observacion e medicién do clima para conseguir o obxectivo de salvar vidas humanas. O pai xesuita quedou profundamente impresionado pola catastrofe marítima ocorrida na localidade portuguesa de Povoa de Varzim en 1892, na que faleceron mais de cen persoas, e iso levoulle a tratar de aplicar os seus coñecementos neste campo para predicir as borrascas e evitar as súas consecuencias. Como sucedeu moitas veces ao longo da súa traxectoria, o profundo humanismo de Merino foi o factor decisivo para entender o seu labor na terreo da climatoloxia.

Ao pouco tempo da súa chegada a Galicia (1880) Merino comezou a realizar medicións de temperatura, humidade e precipitacións dende o observatorio de Camposancos, creado no mesmo ano 1880 e que el mesmo acabaria dirixindo entre 1887 e 1905. Galicia non foi allea aos intentos por medir as variables do clima que xa comezaran en diversos puntos de España e
Europa nas primeiras décadas do século XIX. En 1850 Antonio Casares foi o primeiro en facer observacions continuadas no observatorio de Santiago.

O de Camposancos foi o cuarto observatorio que se creou en Galicia, despois dos de Ferrol, Vigo e Santiago. Porén, en canto a calidade dos datos rexistrados na época no que o dirixiu Merino pode dicirse que a finais do século XIX se converteu no primeiro observatorio de Galicia. Tina algunhas particularidades como una garita de forma hexagonal, moi semellante a que hoxe pode verse no observatorio Ramén Maria Aller da Universidade de Santiago.

Merino aplicou a boa practice cientifica que desenvolveu ao Iongo da súa traxectoria tamén no campo da meteoroloxia. Os datos recompilados nesa época foron comparados recentemente cos que se tomaron noutros lugares e puido establecerse a súa precisión. A zona na que se atopaba o observatorio permitiu obter datos pouco contaminados e moi preto do océano. Os datos publicabanse no xornal La Integridad da Guarda e seguiron aparecendo ate o ano 1918, cando Merino xa morrera e levaba anos sen dirixir o observatorio. O xesuita preocupouse de deixar xente a cargo do observatorio que continuase o seu labor. O propio Ramén Maria Aller foi o seu alumno.

Ademais, das observaciéns mais tipicas de temperatura ou pluviometria, a curiosidade sen fin de Merino levabao a realizar medicións menos habituais como as de niveis de ozono, a temperatura baixo o solo ou mesmo comezou a realizar analises clinicas das augas procedentes da chuvia, ainda que non chegou a rematalos.

Na súa traxectoria como meteorélogo Merino deixou algúns escritos moi interesantes. En 1891 publicou El Clima del Baixo Miño, no que describe 140 especies vexetais que actúan como indicadoras do clima. Usaba a chamada “integra térmica” para describir como o millo ou a vide ianse adaptando as condicións do clima. Ademais, o Iibro recollia 34 refráns Climatoléxicos da zona.
Dous anos mais tarde chegou o que quizais é a obra mais imponante de Merino no campo da meteoroloxia. Tratase do Estudio de las borrascas en la costa occidental de Galicia, onde emprega os datos recompilados nos anos anteriores para tratar de predicir o comportamento das borrascas. Hai que lembrar que o ano anterior ocorrera a traxedia de Póvoa de Varzim.
Despois deste traxico aconteoemento Merino propuxo nun artigo publicado en La Integridad que os patróns dos barcos levaran un pequeno barómetro a bordo, para comprobar os cambios de presicóm atmosférica e poder evitar as grandes tormentas. A súa recomendación valeulle as louvanzas do director do Observatorio Meteoroléxico de Lisboa nesa época.

Ainda que pouco a pouco foi abandonando a actividade no campo da meteoroloxia para centrarse na botánica, nunca esqueceu totalmente o seu interese neste campo. En 1897 publicou La vegetacién espontánea y la temperatura en la cuenca del Miño, onde relacionaba o clima coas especies da zona e describia mais de 750 especies e as variedades que aparecian nas distintas épocas do ano.

O carácter sistemático de Merino e a súa obsesién por aplicar unha metodoloxia cientifica, pese aos poucos medios cos que contaba, converten a Súa figura nun gran pioneiro da meteoroloxia en Galicia. Os datos recompilados polo Observatorio de Camposancos eran
enviados ao de Madrid e publicados ano a ano ata 1896, despois seguiron publicandose en La Integridad.

Hoxe en die aínda se están a estudar eses datos para coñecer mellor a evolución das condicións Climáticas na zona dende esa época ata hoxe. Merino nunca puido sospeitar que a súa boa práctica cientifica chegaría a facer útiles eses datos un século despois da súa morte.


Publicado na revista A Ciencia en Galicia

No hay comentarios:

Publicar un comentario