LA VOZ DEL TECLA
(Año 1 - La Guardia (Pontevedra), 26 de Agosto de 1911 - Núm. 18)
COLOQUIOS TÍPICOS (1)
O que fai falta e… boa beluntá
MANUEL DA ROBALEIRA
-Tú eres o que non quería vir á San Pedro (como tu decías) noutro día é hoxe, delí á pouco non xantas c’o pensamento.
-Ponte calada, Locadia, todo e
empezar, equí estase muy ben, é non se gasta un
carto.
-De veras, Guan. Oxe temos á lameda por nosa, podemos escoller o banco que nos de a jana; mira, este e o mellor, desde equí miramos o qué pasa pola carritera… Tú parez que quedaste pasmado ¿para donde miras home?
-Estou á mirar praquel musiño que está di pe dentro d’aquela pía; mira con que forza arribita a ajua para riba.
-Seica é a primeira vez que o ves?...
-Non e á primeira vez, pero antes
arribitaba esí como por una rejadeira, é hoxe e
por un buraco solo; dequí á pouco cheja co-a ajua
aquela pelota que ten coljada no pau.
-¿Qué pelota home?, ¿qué pelota?
¡Ay que Guan! Non ves qu’aquilo en un farol
d’a luz eléutrica? Mira, mira, xa empezan á pasar por
equí as cicletas ¡cómo corre esta!..
-De veras, Locadia, mira o demo do coxo como corre; é n’a cicleta non coxea…
-Pois mira, Guan, ahí tes un remedio pros coxos; mañan cando vaya levar ó rapas ascola, eille de decir ó maestro que compre unha cicleta para non coxear, é o que jasta de cicleta aforrayo de bastón.
-¡Sabes Locadia que xa hay unha chea de xente é a música non aparece!
-Po-s ou música ou charanja non falta; diz que había de
tocar todo-los dominjos é
todo-los güeveses; pero aunque non toque música
ninjunha, equí estamos muy ben á mirar pro señorito que anda á pasear. Na nosa
mocedá non che había isto; equí solo viña a xente n-o dia de San Bastián. ¿Non te acordas?
-¡No hei de acordar! Era o tío Xasinto quen gobernaba na quela maordomía é hubo festas ben boas n’aquel tempo; pero ajora son as cousas doutra maneira.
-Pero ¿etí que te importa todo iso, Guan? Deixa gobernar á quen joberna, o que convén e ter donde adivertirnos.
Está visto que sí, pero qué queres
Locadia? ,e min justanmas cousas pola antijua,
é acabouse. Noutros tempos, daba
justo, cando na marina se jañaba éramos nos que
festexábamos todos os santuarios;
ou con jaita, ou con música, ou con charanja alí
íbamos todos en rinjla c’os
pendóns as vísperas n-a iglesia; n-o día, volta cos pendóns á
misa solenia; á tarde outra ves
cos pendóns pro rosario, é eramos nos quen mandábamos
en todalas festas, non sendo na da
Gía é en San Queitano, que esas eran dos outros. E
tamén tíñamos as nosas serenatas na
porta do convento é no terrado; había festa,
bailábase é todo pajábamos nos;
quen nos dera hoxe as perras que jastábamos entonces
en todas esas cousas.
-Ajora xa non se pensa niso. Mira Guan, xa vai escurecendo; vamos indo por ehí á baixo; de oxe en oito días xa sabes que temos á festa nel puerto; ha de haber brevena, non deixa de poñer Cadilla os faroliños, haberá fuejos ajuáticos é outras cousas máis… é mira,ainda non te dixen unha cousa: Esta mañán, cando ti estabas á pasar as langostas no viveiro no meo dun lago ¿non me viste é min n-a casa da tía Tomasa? Pois estaba elí D. Sézar é disenlle aquilo que falamos nouturdía.
Tu eres ó demo, Locadia… é él que te dixo?
-Ora… botouse a rir… é… dixome que festas non han de faltar o que fai falta e… boa beluntá.
No hay comentarios:
Publicar un comentario