sábado, 26 de diciembre de 2020

 


800.000 visitas

GRACIAS, GRACIAS, GRACIAS, nin o máis optimista dos compoñentes de InfoMAXE, poido pensar cando acordamos crear PAXINASDAGUARDA, que seríamos capaces de chegar a esta situación, que estiveramos recibindo un mínimo de máis de 500 visitas diarias, que amigos e coñecidos nos están aportando documentos, fotografías e recortes de prensa, de diversos temas, vinculados o noso pobo, o Baixo Minho, Val Miñor, en xeral o sul da provincia de Pontevedra e o norte de Portugal.

 

GRACIAS, GRACIAS, GRACIAS, ainda que a maioría das entradas proceden do territorio español, vamos vendo como cada vez máis, se incrementan as que ocurren dende Europa, os países de América, en toda a extensión do continente, así como de distintos países do resto do mundo.

 

GRACIAS GRACIAS, GRACIAS, a todos, por axudar a que esto blog, teña a expansión que nunca fomos capaces de imaxinar.

 

Seguiremos colaborando no aporte de fotografías e demais material para aquelas persoas que identifican a familiares, así como con estudiantes que precisan documentación para realizar séus traballos académicos. Noso aporte a tódalas asociacións e Comisións de Festas nos séus LIbros-Programa.

 

GRACIAS, GRACIAS, GRACIAS, ata acadar a mesma proporción das visitas recibidas, iso é o que nos anima a continuar neste proxecto que cada vez é máis ambicioso e con máis proxeción de futuro.

 

G   R   A   C   I    A   S

No hay comentarios:

Publicar un comentario