sábado, 23 de marzo de 2013

(A GUARDA) CHUNY VAZQUEZ

Chuny Vazquez

MARIA ASUNCION VAZQUEZ VICENTE,  poetisa e pintora, amante da música e fervente defensora dos animais, nace en A Guarda un 22 de xaneiro de 1952, sendo séus páis Alfredo Vázquez Palacios e María Vicente Rodríguez, de quenes hereda a sensibilidade artística, a entrega aos demais, a paciencia, a sutileza, e a franca amizade. Casada con José Luís Alonso, en 20 de maio de 1973, de cuio matrimonio nacen Kiko e María.
Ten formado parte de diversos colectivos, entre eles, foi membro fundador da Asociación Cultural Guardesa, entidade na que participo activamente nos séus inicios,  naquelas seccións máis vinculadas a ramas que ela desenrrola como a pintura e a poesía, maioritariamente co séu a amigo en Nueva York, “Koki”  e con Ricardo Rodríguez Vicente, naqueles albores da tranformación social e de gran activismo social, participan na elaboración de Boletín de dita entidade, así como en Recitais Poéticos, Exposicións Solidarias e Actos Reivindicativos de diversa índole. Chuny participa nas Mostras de Xóvenes Pintores Guardeses, Iª Mostra Plástica de Artistas do Baixo Miño e Val Miñor,  Iª Mostra de Artistas da Ribeira do Miño, etc.
Ángel Vazquez, Alicia Alonso, Ramón Trigo y Chuny.

 Asiste a todos aqueles actos en que foi solicitada a súa participación, nunhas  poñendo a súa voz e imaxe, xunto a X.C. Gómez Alfaro, (actos no local ou en Xestás, tanto de CC.OO., de Paso a Paso pola República, ou de diversas organizacións políticas) noutras aportando obras de artes, para axudar en todo aquelo que é necesario para facer un mundo mellor, (a favor do Pobo Saharaui, Pro-Cuba, Obra Social de Manolo Maquieira, S.J. en Guatemala; Asociación Protectora de Animais Abandonados, Manos Unidas, Madres en Acción,  Agrupación Musical de A Guarda)

No solo se mata con armas…
También se mata con el silencio,
con los brazos caídos y manos cerradas.
Se mata…
Rompiendo el universal idioma de la vida
dándole la espalda
a los seres que nos necesitan.
Se mata…
Cuando nuestra sangre no palidece de dolor
al ver tanto desequilibrio social.
Se mata…
Al encogernos de hombros,
mientras cobardemente nos escondemos
entre cantos enardecidos,
entre comodidades celestes,
entre pasajeras victorias.
Se mata…
Sí,
desde el instante que comprendemos la existencia
de tantas injusticias
y nos quedamos impasibles, vacíos.
Se mata, se mata…
Sembrando en el interior de las almas
Cancerígenas murmuraciones.
También así se mata.
Y sin querer darnos cuenta,
nos convertimos día a día
en vientos implacables
que solamente sirven
para alimentar más dolores
sobre la tierra.
Nos convertimos en auténticos culpables.
Nos convertimos en especialistas
De mil y una eutanasia

A Asociación Cultural Guardesa, en asamblea extraordinaria a elixe en 1998 para ser homenajeada no Día das Letras Galegas.

Chuny publicou os seguintes libros: Las Palabras se gastaron, (1983);  Poéticos Mensajes, (1985); El Canto del Sentimiento, (1987); Estrella de Fuego, (1989); De un Tiempo ya Vivido, (1989); Madre quiero ser tu Hija, (1993); Reflexiones, Desde el Fondo del Alma, (1997); Canto a nuestro Dios (2003)
Ademais, ten aportacións literarias nos Libros-Programas das Festas do Monte Santa Trega, Festas da Virxe do Carme, San Queitano, (A Guarda), San Campio de Lonxe, (Figueiró); Virxe da Exclavitude, (Tomiño) Boletín do C.E.E. “San Xerónimo Emiliani” Antoloxía de Alicia Alonso “25 años de Pintura”, A Guarda navega coa Cultura, publicacións sobre o Coro Arpegios ou Encontros Internacionais de Corais da Ribeira do Miño. Así como tamén en diversas revistas de distintos puntos de España, co é o caso na da Casa de Galicia en Madrid, Revista Gemma (Biskaia) Poesía de Galicia (Ferrol); “Imágenes de Otoño” da Plataforma de “Mujeres en Acción” dos Libro do Festival de Poesía do Condado ou Festival de Poesía do Baixo Miño.
Tamén ten elaborado colaboracións para os medios de comunicación como é o caso de A Peneira, Faro de Vigo, Xornal Diario, A Voz do Miño, etc.
No eido da música, participa no Grupo de Gaitas “Orballo”, da Rondalla do Recreo Artístico Guardés, con María José Baz  e o Grupo Antorcha.
E autora da letra do “Canto A Guarda”,  “Aquí estoy, aquí te espero”; “Caminamos creciendo”, ou “Celebremos o Nadal”, musicadas en cada caso, por José Luís Rodríguez, as dúas primeiras; Cesar Lorenzo, e María José Baz.
Chuny,  herdou de séu pai, a atracción pola paleta e os pinceis, e o longo do tempo, pasou por diversas fases, probando distintas técnicas.

Participa en exposicións colectivas nos anos 1980, 89, 94 e 95 ( A Guarda); 1980, 81 (Tui); O Grove ((81); Vigo (81, 89, 94 e 95), Pontevedra (82), Tomiño (85).
De xeito individual, ten colgado obra diversos anos en A Guarda, (Festas do Monte de 1986, na Casa da Cultura; En 1987 no Instituto de “A Sangriña”, En 1989 e 1992, no Salón de los Espejos do colexio dos PP. Somascos; no 94 e 96, na Sala de Exposicións “Rosalía de Castro.); (1986, Casa da Cultura, Asociación As Laxes O Rosal) en Vigo, (En 1985 no Círculo Mercantil; En 1991, na Sala “Androx;  92 e 98); Vilagarcía (1986 na Sala de Exposicións Caixa de Aforros de Vigo en Vilagarcia), O Rosal e Baiona (1986 na Casa da Cultura), Ponteareas, (En 1988, Palacio de La Música);  Porriño,  (89); Tui, (En 1988 no Hotel Colón, e 97); Pontevedra, (93); Póvoa de Varzím (95).
En 1992, restaura os murais existentes no Bar Ligero, “O Barquiño” que facía 36 anos, había pintado séu pai, un traballo desinteresado e cheo de emoción.
Obra súa atopase en dependencias municipais de A Guarda, O Porriño, Ponteareas, e en coleccións particulares de España, U.S.A. Sud-América, Holanda, Italia, Suiza, etc.
Seu nome, aparece en diversas antoloxías e publicacións, entre elas, en Antología 1990, de Carlos Barcón; “Poemas a Nai”, de Xesús López Fernández, “Mulleres Destacadas de Galicia”, de Enrique Alvarellos e na Enciclopedia Galega Universal. 

Obras de Chuny Vazquez





(Datos extraídos dos distintos artigos que sobre Chuny Vázquez teñen aparecido nos medios de comunicación, fundamentalmente de séu gran amigo Ricardo Rodríguez Vicente, tanto nas páxinas de Faro de Vigo como en Infogauda).

No hay comentarios:

Publicar un comentario