JOSE PEDREIRA SOBRINO (1882-1940) Este
sacerdote guardés, foi un dos fundadores e artífices da Pro-Monte ainda que
despois da súa participación como directivo producirse tan só entre os anos
1913 e 1914, no primeiro caso como prios da Irmandade do Clamor, e polo tanto,
como vocal nato da Sociedade. Co séu breve paso pola Directiva, logrou levar a
cabo un dos obxetivos centrais da asociación: restaura-los edificios religiosos
do cumio do Monte de Santa Trega e darlle un novo impulso aos cultos que alí se
celebraban.
José Pedreira, naceu
na parroquia de Santa María de Vigo, cidade donde residía momentáneamente séu
pai, Antonio Pedreira Lomba, tralo séu regreso de Puerto Rico. O resto dos
irmáns naceron xa en a Guarda, emigrando tamén dóus deles a aquela Antilla. El, non obstante elexiu a
vocación sacerdotal. De novo cursou os séus primeiros anos de Latín e
Humanidades na pasantía oficial da zona en Figueiró (Tomiño), ata que pasou ao
Seminario Menor de Tui. Rematou a súa carreira eclesiástica en 19043 na
Universidade Pontificia de Santiago, ordenándose presbítero ese mesmo ano.
Dende 1094 ata 1917 foi capelán das Irmáns Carmelitas da Caridade en A Guarda.
En 1917 pasou a ser cura rexente da San Miguel de Tabagón, cargo que ocupou, ao
parecer, ata 1935 en que foi nomeado Cura Ecónomo da parroquia de Freixeiro, en
Vigo, onde faleceu en 1940.
As súas inquietudes
con relación ao séu pobo natal se poñen de manifiesto xa en 1907 cando pasa a
ser Secretario da Irmandade do Clamor do Monte de Santa Trega, cargo no que
estará dez anos, ata 1918, cún intermedio en 1913-1914, en que foi Prior.
Continuará catro
anos máis vinculado a esta cofradía, un como Celador (1919-1920) e tres como
Consiliario (1920-1923).
En 1910 puxo en
marcha o séu primeiro gran proxecto ao fundar, en unión doutro cura da
localidade Cándido Rodríguez Vicente, o semanario La Voz del Tecla, do que foi administrador, amén de colabourar
nel esporádicamente.
Dous anos despois,
puña en marcha o séu outro gran proxecto: a creación da Sociedade Pro-Monte.
Entre 1913 e 1917
tivo na localidade un colexio privado de primeira ensinanza, denominado Colexio da María Inmaculada do que
foi director e profesor. Nel non só daba clases aos fillos de persoas podentes,
senón tamén gratuitamente aos de familias pobres. Durante o inverno tiña,
ademias, clases nocturnas para obreiros, igualmente gratuítas.
Joaquín Miguel Villa
Alvarez
(Boletín
EXFIGALICIA-2007)
No hay comentarios:
Publicar un comentario