Brúa
o mar. Petan as ondas, unha tras outra, nas rochas da Robaleira.
Un
neboeiro salgado vai subindo dende os penedos escuros da Area Grande e asulaga
a fortaleza que se está a construir no alto, camiñiño de Oia.
Así
enteiraronse os gardeses que iban ter novos enemigos.
A
nobreza portuguesa proclamara ó Duque de Braganza, Don Joao, lexítimo dono do
trono portugués.
Pero
a noticia non chegara por terra. O macizo galaico constituía un atranco tan
grande que deixaba ben lonxe as trécolas do rei español que dende os seus
palacios, asentados na Meseta castelá, tiña que facer frente a guerra con
Francia, as sublevacións en Andalucía, en Nápoles, en Catalunya… en agora,
conflictos con Portugal.
Os
Galegos da riveira do Minho presenciaron así escaramuzas de fronteira que nada
decidiron.
Unha
vez máis, os labregos e mariñeiros estaban envoltos nun destiño que non
procuraran, naquela costa abaixo dun imperio mal gobernado por unha dinastía –
os Austrias – que perdida a hegemonía en Europa, reinaría pouco tempo máis. Iso
sí, deixándoa desangrarse nunha Guerra de Sucesión ata a cegada do 1º Borbón.
Pero,
polo de agora nadie adiviña que veñen tempos peores.
Trala
firma da Paz dos Pirineos con Francia (1.659) recrúa a guerra con Portugal.
Hai
que alixeirar a construcción do forte, unha importante fortaleza de catro
baluartes de pedra, foso e estacada, capaz para 50 homes.
Todo
vai despacio. Pero tomada Goian (1.663) apúrase a execución da obra na que se
chega a empregar pedra da muralla medieval que protexía a vila da Guarda.
“Sería por pedra, na nos
aterra. Nin siquera na actualidade protexemos ben o patrimonio histórico.”
Pero
non xuzgaremos a aqueles homiños que, faltos de recursos para defender a
fortaleza, sufriron o sitio que os portugueses puxeron a praza militar, hasta
que o seu gobernador, Jorge de Madureira se rendíu, o 22 de novembro de 1.665.
Atalaia
Durante
os tres anos seguintes os portugueses repararon a fortaleza, reforzaron a
defensa da vila coa construcción da Atalaia no actual porto.
Permanecerían
no Forte de Santa Cruz hasta o remate da guerra en 1.668, ano no que Mariana de
Austria recoñeceu a Independencia de Portugal, asinándose o Tratado de Lisboa
entre os dous países.
Esas
cousas, asinabanse aló, ben lonxe…
Os
labregos do val traballaban de sol a sol. As labregas caían, cada noite,
esgotadas no colchón de follaxe trala longa xornada: Coidar dos nenos, labrar,
sementar, colleitar e criar os porcos e galiñas.
Os
mariñeiros arriscaban a vida no mar bravío e cheo de peixes pero que non podían
traer para casa. Acoubillábanse diante da lareira sin saber si o día seguinte
poderían botar as rediñas ou habían de resignarse no peirao hasta que a lúa
cambiase ou a forza do vento virase e a Marusia deixase de ruxir…
Non
perdían o sono por matinar si os soldados obedecían o rei de España ou ó rei de
Portugal. Con todos eles falaban. E non entendían ben que en Madrid decidisen
que aqueles outros mariñeiros da outra banda do río fosen os enemigos enemigos
dos mariñeiros da Guarda ou dos da Pasaxe.
As
lampreas, os sables que daba o río mataban a fame nas casas das dúas riveiras e
as conversas dende os barquitos facíanse na mesma lengua, cando caía a noitiña
e a lúa brilaba no lombo dos muxos.
Non
sempre estivo allea a población da Guarda ós cambios políticos e históricos.
A
Fortaleza de Santa Cruz estivo ocupada por unha guarnición que variaba en
número según viñesen tempos de paz ou de guerra. Os 25 homes e os 7 canons dos
que dispoñia para sua defensa non foron quen de opoñerse as tropas francesas
que ocuparon a praza en 1.809. Esta vez o enemigo distinguíase ben, falaba unha
lengua allea que non entendían.
Os
defensores do Castelo organizaron dende Caminha a Junta de Defensa da Guarda e
milicianos cegados de toda a bisbarra, co apoio portugués, recuperaron o
enclave nese mesmo ano. Escomenzaba o século XIX.
O
Estado español tiña que afrontar a gran débeda das sucesivas guerras, e abre o
proceso das “desamortizacións” – consistente en por a venta propiedades,
principalmente dos concellos, do Estado, do clero, das ordes militares,
cofradías, obras pías, terras comunales…
Os
liberales dese século fixeron, alomenos, 3 grandes oleadas desamortizadoras, a
de Mendizabal (1.836), a de Espartero (1.841) e a de Madoz (1.855). Non está
claro en cal delas se puxo a venta a Fortaleza de Santa Cruz, vendida en poxa
pública polo Estado a varios particulares. Eles foron os que transformaron o
recinto militar – ese simbólico espazo – nunha explotación agraria, plantando
pinos, eucaliptos, facendo xardins e instalando unha noria e lavadoiro.
Sí
se sabe que, rematando século XIX
instalouse na fortaleza unha fábrica de embutidos de carne de porco da
Sociedade Comercial Lomba y Lomba que exportaba embutidos a Cuba e Puerto Rico,
colonias españolas a piques de conseguir a sua independencia.
O
prestixio das actividades civis na Fortaleza incrementouse coa instalación da
Cerámica de Santa Cruz, proveedora da Casa Real española.
A
sua decadencia viría mais tarde…
Petri,
a filla de José Manuel Cruz e Maruja Agulla non podía sospeitar, cando
correteaba polo “Castelo” que ela estaba a crecer nun recinto tan historiado,
tan vivo noutrora, xa que na metade do século XX aquél recinto amurallado e
invadido pola vegetación era o fogar da sua familia, encargada de gardalo…
Castaños,
alciprestes, pinos de California, eucaliptos, palmeiras canarias, tileiros,
enguedellanse na memoria das nenas da casa, porque hasta os seus leitos
chegaban os asubios fríos que o vento facía cando brincaba duns a outros nas
noites sin lúa.
O
camiño dende a Porta da Vila percorríano a presa na procura da mornura da cociña
onde a nai asaba as castañas, antes de que o cuco escomenzase coa sua salmodia,
mirando sempre para diante, no fose a ser verdade o que as nenas do colexio das
Carmelitas – as suas compañeiras – lles decían: que alí, na espesura vivían os
trasnos.
José
Manuel - o garda forestal da finca – collidas
da man, iballes explicando como facer os inxertos das mais fermosas camelias
que con agarimo cultivaba pra participar nas exposicións de Vigo, Vilagarcia…e
un exército de verbas entrou pola casa cando trouxo un 2º premio. Daquela Petri
axudou a cavar e sementar as patacas co orgullo de saberse nun paraíso perdido,
arrodeado por unha forte muralla. Os cans, Pirri e Kubala, ollaban, quedos,
pras galiñas e coellos que se criaban tamén aló, no alto da vila.
Petri
e Carmen, sua hirmán, percorrían a muralla de norte a sur e ó chegar ó Baluarte
da Guía, sentadas, merendaban o pan con chocolate, alí, extasiadas, cara o mar,
hasta que o sol se afogaba na liña do horizonte.
¿Será
un arroaz, Carmen? Non. Aquí non hai arroaces.
Entón
desviaban a vista pra pousala no Trega que estaba xa a cubrise de noboeiro.
Non
era o mesmo neboeiro que tantos séculos atrás envolveu a fortaleza hasta deixar
os homes perdidos no tempo…Era noutrora.
Tini de Andrés
Publicado no libro das Festas do Guía en 2017
No hay comentarios:
Publicar un comentario