JUAN BAUTISTA ALONSO ESPAÑOL
Leva a cabo os séus estudos
primarios nas escolas de Salcidos e A Guarda, donde sendo moi neno, queda orfo
de nai, polo que se traslada a Salamanca para vivir con séu pai, e donde estuda
Filosofía e Dereito, remantando a carreira en Madrid, inicia séu traballo de
avogado, conseguindo gran prestixio como xurisconsulto.
Colaboura con diversas revistas
das máis importantes da capital como a Revista de Legislación, Semanario Pintoresco
e outras. Foi redactor del Eco del Comercio e La abeja, asesor Diccionario
E. de la Lengua Española (Madrid 1834). Xunto co séu amigo e parlamentario
e home de estado, González Bravo, co-fundador do periódico satírico “El Guirigay” En 1834, publica o libro “Poesías” en Madrid, na imprenta de D. Tomás Jordan.
xurídio no
Na súa composición “La vida feliz”, fai unha nostálxica do
Baixo Miño:
“Más ¡que agradable delicia
Ver con vista natural
Desde el reino de Galicia,
El reino de Portugal
Que el Miño acaricia
Ese hermosísimo río
Que también los campos baña
Con su fecundo rocío
De esta parte de España,
Patria del dulce amor mío”
No campo da política, foi
Deputado por Madrid en 1838 e por Pontevedra no 1843. Sendo Sub-Secretario de
Gobernación con Salustiano Olózaga e con Fermín Caballero.
Co motivo dunha visita que fixo
A Guarda, o Concello rendiulle un homenaxe, e adicoulle unha praza a Juan Bautista Alonso Español, (coñecida dende antigo e popularmente como
Monterreal).
Ocupou altos cargos no Tribunal
Supremo e despois da Revolución de 1868, a Presidencia do Consello de Estado.
Como sinala no Limiar da edición facsímil editada polo
Concello en 2.001, Xosé Carlos Gómez Alfaro: …Vive Juan Bautista Alonso Español nunha das épocas máis axitadas da
Historia de España. Acontecementos como a
Guerra de Independencia (1808-1814),
o reinado de Fernando VII (1814-1833), a emancipación de América (1810-1824), a
Rexencia de María Cristina (1833-1840), a Rexencia de Espartero (1840-1843), as
guerras carlistas, o Reinado de Isabel II (1843-1868) a Revolución de Setembro
(1868), a Monarquía de Amadeo de Saboia (1870-1873) a Iª República (1873-1874),
os inicios da Restauración (1874) deixarán as súas pegadas neste egrexio
guardés impetuoso e progresistas..”
Polos séus méritos, obtivo o título de Cabaleiro, e as
condecoracións de Gran Cruz de Isabel a Católica, e a pensionada de Carlos III
Juan Bautista Alonso Español,
faleceu o 5 de decembro do 1879, os 78 anos de edade, sendo soterrado nunha das
sacramentais de Madrid.
Co gallo de Iº Centenario do séu
pasamento, o Concello de A Guarda, adicoulle unha homaxe e instalou unha placa
conmemorativa na vivenda donde naceu (hoxe desaparecida)
En 1982, a Agrupación Cultural
Guardesa, adicoulle o “Día das Letras Galegas”
No hay comentarios:
Publicar un comentario