lunes, 10 de agosto de 2015

(A GUARDA) Rvdo. José Troncoso Herrera, Libro Festas do Monte, 2015


 
A través das páxinas de “La Voz del Tecla” (nº 316, 317 e 318 do 05-03, 12-05 e 19-05 do ano 1917), atopamos as primeiras referencias sobre este descendiente de guardeses, escrito por Domínguez Fontela, do que aportamos algúns datos novos e facemos un resumen xeral.
Moito se ten falado dos milleiros de guardeses esparexados pola terra, tanto peninsular como polas Américas, na búsqueda dun futuro que eiquí non era doado.                                                                                                                                          Hai que ter en consideración, que a México foi unha das colonias a donde fluiu a emigración guardesa nos séculos  XVII e XVIII, e primeira metade do XIX, donde moitas familias desta comarca contribuiron o desenrrolo agrícola e comercial, ata que a raíz do grito de independencia e as diversas guerras intestinas levaron a ruptura dos lazos de comunicación entre as familias das dúas bandas do Atlántico, dado que moitos se trasladaron o interior para evitar os efectos das revoltas que asolaban o país.
  Hacia principios do século XIX, emigrou a México dende A Guarda,  Don Santiago Troncoso (1) Pérez para dedicarse o comercio, tempo despois, e tras o fusilamento do Emperador Maximiliano, perdeuse todo contacto familiar.
  Pasados os anos, súpose que había fuxido cara o interior, establecéndose en Acambay donde casou con Lorenza Herrera, membro dunha das principais familias da  zona. 
  José Troncoso Herrera, nace na capital de México, na Rúa de Dolores o 4 de marzo de 1865, sendo bautizado na parroquia da Santa Vera Cruz, sendo séus padriños  a súa avoa Doña Casimira Díaz de la Vega e séu tío, o presbítero D. Manuel Herrera, oriundos de San Miguel de Acambay, donde estaban establecidos seus pais.

Con poucos anos, foi levado a San Juan de Teotihuacán donde era párroco séu tío e padriño, e iniciaba séus estudios literarios. Cando tiña 13 anos, en 1878, faleceu séu pai, e pouco despois, morren séus irmáns Daniel e Otón, de 8 e 3 anos, así como tamén a súa avoa.  Estas perdas tan sensibles afectaron a salude de séu tío o crego  D. Manuel Herrera, a quen os médicos, obrigan a irse da localidade e o Arzebispo D. Pelagio Antonio Labastida e Dávalos o trai a cidade de México e noméao  cura-párroco de Santa María la Redonda e despois das parroquias de La Soledad, San Miguel, Sagrario Metropolitano e logo Canónigo da Catedral, donde falece e habendo sido Xuíz-Facedor e a Dignidade de Meste-Escola.
  Neste tempo, o P. Troncoso Herrera, estudia Latinidade e Retórica no Seminario Conciliar de México, desexando segui-la carreira de medicina, trasladouse  a un colexio que tiña aberto o Dean da Catedral, que despois foi Arzebispo de México, D. Próspero M. Alarcón. De alí pasou a Escola Nacional Preparatoria, donde estudiou toda-las asignaturas correspondentes a Segunda Ensinanza ou Bacherelato Español.
  As evolucións políticas do país, levaron a ruina familiar, e cando tiña 18 anos, falece súa naia, poñéndose a traballar como tenedor de libros, pasa seguir séus estudos. Escomenzando a manifestar a intención de incorporarse aos xesuítas, sendo admitido a  vesti-la sotana dos filos de San Ignacio polo.P. Alzola, Provincial de México. Esta decisión, tivo a oposición frontal de séu tío que quería que continuase os estudos de medicina  xa que amosaba gran talento e aptitude. Neste intervalo, fixose Perito Galvanoplástico.
  Por eses anos chega a México o sacerdote D. José M. Vilaseca, natural de Igualada (Barcelona), quen fundou un Colexio para Misioneiros, donde unha vez o coñece a  fundación deste colexio , levouno a coñecer outra maneira de actuar, e superando todo tipo de estorbos e impedimentos, en 1892 pudo vesti-la sotana dos Misioneiros  e asinar  séus votos.
  O ingresar o P.Troncoso na Congregación non tiña feito os estudoos eclesiásticos, por lo que tivo que adicarse inmediatamente a eles baixo a dirección de diversos profesores, entre eles, D. Aristeo Aguilar, alumno que foi da Universidad Gregoriana de Roma con quen estudiou Filosofía Escolástica, Teoloxía Dogmática: Sagrada Escritura e Derecho Canónigo, Teoloxía Moral a preparou baixo a dirección do mesmo P. Vilaseca.
  Recibiu a ordenación sacerdotal nas témporas de dicembro de 1894 de máns do Arzebispo de México, Sr. Alarcón, e en agosto de 1895, foi enviado a Roma, ao Colexio Pio Latino Americano, a ampliar seus estudos e sirviese de base para a formación literaria dos misioneros da congregación, recibindo  os grados de Doctor nas Facultades Eclesiásticas na Universidade Pontificia.
  Enferma gravemente en Roma, os médicos ordenanlle  que volva a México, entón os Superiores concedenlle un viaxe de investigación científica, para repoñer a saúde, e ampliar coñecementos, recorre parte de Italia, Austria, Suiza, Francia e algo de España, regresando polos Estados Unidos, visitando algunhas cidades, chegando a México a fins de 1896
  A fins de 1897 foi nomeado Secretario Xeral da Congregación e Capellán a Iglexa da Casa Xeneralicia, tamén se lle da a Dirección e Redacción del "Propagador de la Devoción de San José", que é o Boletín Oficial do Instituto.
  Grandes foron as dificultades e contrariedades con que tropezou o P. Troncoso para o desenrrolo do séu cargo dado que era unha organización recien creada, compenetrado do espíritu do P. Vilaseca, pudo en pouco tempo dar organización e estabilidade o proxecto, xa que non se contentaba con teorizar, senón tamén practicaba o disposto nas Constitucions, sendo o primeiro en dar exemplo a seus compañeiros, emprendeu a Obra das Misions que es un dos fins mais sinalados pola institución.
  Habendo enfermado a fins do mesmo ano 1897 o Secretario da Delegación Apostólica, Nuncio Papal, Monseñor Nicolás Averandi,  nomeao substituto seu  conferíndolle o título de Notario Apostólico para Asuntos da Delegación Pontificia.
  Pero as súas inquedanzas non lle permitían permanecer inactivo e en 1899 da inicio a edificación do templo a Sagrada Familia na Casa Xeneralicia organiza a Asociación de la Virgen del Consuelo e publica a revista mensual "La Fuente del Consuelo" destinada a propagar seu culto, da que chegou la facer unha tirada de doce mil exemplares mensuais.
  O Cardenal Vives e Tutó o propón a Santa Sede para Procurador Xeral da Orden, polo que ten que voltar a Roma, resíntese de novo da saúde, polo que ainda que o exoneran de vivir na Cidade Eterna, ímpónselle o deber de ir a Roma cada dous anos polo menos.    
  Volto a México, vai traballar nos suburbios da capital, escomenza construcción do templo do Espíritu Santo erixido a instancias dos veciños da Colonia de Santa María de la Rivera, a donde o P. Troncoso trasladó a súa Asociación, sendo recoñecida pola Santa Sede, elevándoa a categoría de Archicofradía Primaria, ca facultade de agrupar a outras dentro de México. En poucos años chegou a acada-la cifra de 80.000 socios. Tamén involucrouse nas vocacións e funda  "Los Pequeños Seminarios del Espíritu Santo”




Seis anos estivo naquela parroquia que se convirtiu na máis activa da capital da República Mexicana. Testimonio delo son obras que recibieron o impulso do párroco. Fundou as asociacions: "Catecismo para niños y niñas", del "Santísimo Sacramento para Señoras y Caballeros"; de "San José", de la "Purísima Concepción" para mozas; de "Santa Rita" para viuvas; de "San Vicente de Paúl" para enfermos pobres; do "Apostolado de la Oración y Sagrado Corazón de Jesús", de "Santa Zita", para criadas; de "Nuestra Señora de Guadalupe" para obreiras e do "Espíritu Santo" para xóvenes con  fin de obter vocacions sacerdotais.
Solidamente xa fundada a Congregación dos Misioneros Josefinos e estudiados  o e libro da experiencia os estatutos da mesma, o P. Vilaseca envia a Roma o P. Troncoso para xestionar da Santa Sede a aprobación dos Institutos de Misioneros Josefinos e das Hermanas Josefinas, fundados por el mesmo. Era isto no 1902. En abril do ano seguinte a Santa Sede,  deu a Bula de aprobación do Instituto de Misioneros e en maio a das Hermanas Josefinas. De contado regresou a México levando os documentos autógrafos citados.
O volver de Roma, continuou as obras dos dous templos que estaban paralizadas durante a súa ausencia, a primeira que terminou fói o do Espíritu Santo agregando un Colexio e un teatro para a instrucción e descanso dos obreros e súas familias e nadie  mellor para rexirla que él, polo que o Arzebispo confiriulle o cargo de Cura-Párroco da mesma.
Editabanse tres revistas mensuais "La Fuente del Consuelo", órgano da archicofradía dese título, "El Grano de Mostaza", órgano dos Círculos Obreros e "El Mensajero Parroquial" de carácter exclusivamente parroquial.
  Os obreiros foron sempre obxeto especial da actividade do P. Troncoso, polo que participo na fundación do Centro de Estudios Católicos-Sociales co nome de "Centro Ketteler", e impulsa a creación de varios círculos de obreros en distintas parroquias da cidade e en varias diócesis da República. Despois de dous anos de traballos e esforzos, logra a  confederación de tódolos e establece o "Secretariado General de Relaciones". O número de Círculos chegou a ser de 70 cunha afiliación de máis de 60.000 obreiros católicos. Celebraron tres Grandes Dietas, a la última a nivel de todo o Estado, acompañado de Merry del Val viaxa a Roma, sendo recibido en audiencia privada por  Pio X.
              Cando volve a México, pon en marcha o 21 de abril de 1907 a Casa-Cuna de la Paz (Hogar de Niños de la Paz) para orfos, abandoados ou de fogares en pésimas condicións, e a Casa Hogar Santa Teresita para nenas que se inicia en México capital para logo trasladarse a Tijuana, este traballo remata en 1912 ca fundación da "Congregación de Señoritas para las Casas-Cunas" en colaboración con Elisa Margarita Berruecos y Juvera del Espíritu Santo, esta rede de atención a infancia abandonada, pouco a pouco foi extendendose por toda a república mexicana.
  Pero o P. Troncoso tamén deu mostras da súa capacidade intelectual. A él se debe un "Manuale precum et coeremoniale" que mereceu unha Carta Laudatoria do Cardenal Vives por orden do Papa e a aprobación da Congregación de Ritos e do Mestre do Colexio Apostólico. Tamén publicou o "Manual Práctico del Misionero Josefino", "Explicación de la Misa", "Un Día Quince a Santa Teresa de Jesús", "Las Tres Salves a Nuestra Señora del Consuelo". Ademais publicou innumerables traballos e series de artígos nas diversas revistas que fundou e da congregación.
Cando estouparon as distintas revolucións encabezadas polos gobernos dos xenerais, Porfirio Díaz, Huerta, Carranza, etc., na que con bastante forza irrumpiron os “cristeros”, o P. Troncoso, o igual que moitos membros da igrexa católica, ou foron detidos ou, como neste caso, fuxiron do pais, indo para a cidade de Texas, (Estados Unidos) en septembro de 1914 donde vive dirixindo dende alí as suas Congregaciones Josefinas. Estando alí, o obispo Monseñor Shaw o puxo a fronte dunha Casa de Sacerdotes Refuxiados ou desterrados de México.
O P. José Troncoso Herrera, faleceu as 9,15 da noite do 27 de agosto de 1.929
NOTA: Nos medios de comunicación de ámbito local e provincial, temos topado referencias das actividades da asociación Josefina no Convento das Benedictinas de A Guarda.


(1)  (aclaratoria que fai Domínguez Fontela sobre a familia):
El verdadero apellido de esta familia es Troncoso de Lira, según consta en los libros sacramentales de La Guardia. Está emparentada con muchas casas de la nobleza gallega. (Sus armas heráldicas son un tronco de árbol desgajado del cual sale un brazo armado). En varios pueblos de los obispados de Tuy y Lugo hay casas solariegas de esta familia.
  En mis apuntes sobre la historia de esta villa figura un D. Lorenzo Antonio Correa Araujo, Alcalde Mayor de Cuernavaca en México, desde los años 1741 a 1762. Era hijo de D. Fernando Correa Troncoso de Lira Sotomayor y de Doña Ana de Araujo Yañez y Valverde, naturales y vecinos de La Guardia.

Celso Fariñas
InfoMaxe
Paxinas da Guarda
para o libro das Festas do Monte de 2015

No hay comentarios:

Publicar un comentario