CANDO CONTA XA EU FIXERA
Cando conta
xa eu fixera
de que esí
qu-o vran chegara,
tampouco
este ano pasara
sin que a
terriña eu volvera.
Cando xa eu tiña mercado
un baúl,
sete maletas
e cincuenta
mil pesetas
en roupa
nova gastado.
Cando xa eu fora, vos digo,
a separar no
vapor
o camarote
mellor
pr-a irme
dereito a Vigo.
E hasta xa me confesara
para que o
demo (¡bruxas fora!)
non viñera
en mala hora
a tentarme e
me amolara...
A meu padriño fun ver
por si algo
mandar quería
pr-os seus
parentes da Guía
que él lles
ten muito querer.
¡Sorte foi que por lá eu fora!
porque o
coitado padriño
que, de tan
e tan velliño,
xa non se ríe
nin chora.
Non tendo por compañía
mais que
unha cotorra e un can
e, por cama,
o duro chan
(¡todo por
economía!).
Pedíu-me que non marchara
porque,
estando xa a morrer,
gustaríalle
me ter
o seu pé
cando espitara.
Para me decir onde ten
escondido o
seu tesouro
de trinta
mil onzas de ouro...
(¡que a mín
me han de vir muy ben!).
De modo, meus paisaniños
que por lá
verme quréis...
por mín non
desesperéis
que non me
han de faltar camiños.
Por os que ir para lá voando
cando o
padriño, o espitar,
él me diga:
-“anda a sacar
o
tesouro... ¡e váite andando”!-
Puerto
Rico
Joaquín Saúl
Publicado no libra das Festas do Monte de 1958
No hay comentarios:
Publicar un comentario