MANUEL ALVAREZ RIVERO
(Manuel
da Ventosela)
Manuel
Alvarez Rivero, coñecido como “Manuel da Ventosela”, nace una xuradía de Novás,
no lugar da Ventosela do Concello de O Rosal o 29 de marzo de 1907, sendo séus
país Florindo e Josefa.
Como a gran
maioría dos nenos/as da súa época, acode a escola do barrio, para logo pasar o
Colexio “San Luís Gonzaga” do sacerdote don Serafín Alvarez Rodríguez.
Escomenza a
traballar na telleira con seu pai, e logo con 14 anos, emigra a Sevilla para
traballar no comercio co seu tío, Francisco Lorenzo Fernández, donde amplía a
súa formación académica, dedicándose a ler aos clásicos e a poesía romántica.
Volve a
Galicia a facer o Servicio Militar en Ferrol, na “Quinta do 28” en Infantería de Marina, tomado parte das
maniobras navais no “España nº 5”
e de cuias experencias escribe séu primerio libro “Maniobra Naval Militar del Ferrol a Cartagena” financiada polo
Ministerio de Marina.
En 1932
publica en Sevilla “Lágrimas del corazón”, dedicado a Jaime Solá,
director de “Vida Gallega”,
recopilación de poesías publicadas mayoritariamente no “Heraldo Guardés”, do que foi un colabourador habitual, o igual que
en “Vida Galega”, “Nuevo Heraldo” e “El Pueblo Gallego”
Volta de
Sevilla para incorporarse a guerra no bando “nacional” e escribe poesía e
crónicas para diversos xornáis.
Rematada a
loita fraticida, pasa a ser conselleiro no Concello de O Rosal e a desempeñar a
función de Depositario Municipal, traballando tamén para a Xefatura Provincial
de Educación e Descanso.
Este xoven
rosaleiro, solteiro, romántico, festiceiro e namoradizo, amosa polos séus poros
o súa sensibilidade transmitidas a través dos séu poemas,
No bienio
1942/43 forma parte da Directiva da Sociedade “Liga de Amigos”, de donde foi
Secretario e Bibliotecario, donando varios libros a dita institución, da súa
biblioteca que estaba composta de perto de mil libros, desaparecidos despois da
súa estrana e estrabótica morte, acontecida o 7 de novembro do 1944, tras unha
serie de ataques sobre a falta duns diñeiros públicos, sintíndose traicionado e
calumniados por persoas que él consideraba amigos.
No ano 1990, a Agrupación Cultural
Guardesa, adicoulle os actos dese día, e o sábado 26 de maio no Recreo
Artístico Guardés, levouse a cabo unha conferencia sobre este poeta baixomiñoto
por parte de Xoan martínez Tamuxe.
Hai que
destacar que o 1º de Maio de 1990, se fai una 2ª edición de “Lágrimas del Corazón” por parte do
Concello de O Rosal, e se aproveita esa data, Festa de San Xosé Obreiro en
Novás, para inaugurar a praza e o busto adicado o poeta, obra do escultor
rosaleiro, Félix G. Fidalgo.
Neste mesmo
lugar no ano 1991, se levou a cabo a presentación da recopilación das
publicacións en prosa de Manuel da Ventosela editados no “Heraldo Guardés” cuio prólogo foi escrito polo Cronista Oficial de
Vigo, Lalo Vázquez Gil.
No 2007,
celebrando o Centenario do Nacemento
de MANUEL
DA VENTOSELA, o Concello de O Rosal, publicou os traballos aparecidos no “Heraldo
Guardés” e no “Nuevo Heraldo” levada
a cabo por Xoán Martínez Tamuxe e Rhut Mª Martínez Barbosa, NOVOS POEMAS DE MANUEL DA VENTOSELA EN
GALEGO E CASTELAN”
.
Datos
extraidos de diversas publicacións de Xoán Martínez Tamuxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario