D.
GENEROSO LAGAREJOS RIVAS
AGRARISTA e ALCALDE de O Rosal
Séu pai era Carabinero, destinado en Tomiño, Manuel
Lagarejos López, natural de Zamora e Amalia Rivas de Amil, de Tabagón, naceu en
Amorín o 17 de setembro de 1881
Estudia na escola local e logo
ingresa no Colexio Santiago Apostol dos PP. Jesuítas en A Pasaxe (Camposancos).
Casa con 25 anos con Luisa Martínez
Vaquero, o 27 de novembro do 1906, emigrando pouco despois a Puerto Rico,
traballando no ramo do comercio, regresando definitivamente no 1916, instalando
un establecemento de comestibles en Tabagón, “Pureza” que en pouco tempo se
convirtiu en centro de xuntanza do vecindario que tiña inquedanzas sociais,
políticas e agrarias.
Dedica moito do séu tempo a
ensinanza e formación dos paisanos que non habían acodido a escola por ter que
incorporarse o mundo laboral, e axuda a aqueles que logo son reclamados polos
séus familiares a emigración americana.
E elegido concelleiro e logo como outros moitos
agraristas, súmase a Dictadura (1923-1929) encabezada por Primo de Rivera, é
nomeado Deputado Provincial (suplente) e
o igual que Manuel Alvarez en A Guarda e
noutros pobos dos arredores, aparecen no periodo 1931-1936, a fronte de diversos partidos republicanos
como concelleiros e Alcaldes.
Foi Presidente da Federación Agraria do Partido
Judicial de Tuy, participando activamente pola eliminación dos Foros Agrarios,
presentando do diante do Directorio a documentación elaborada polas diversas
federacións sobre o tema.
Acompaña ao Alcalde de O Rosal (D. Alejandro Domínguez
González) a Madrid a entrevistarse co Deputado D. Basilio Alvarez (O cura de
Leiro) para expoñerlle as razóns que asistían os rosaleiros na saque de tonas
na Ribeira, que impedía o Concello de A Guarda.
Se incorpora o movemento agrarista
na loita contra os foros e outros recargos e discriminacións que pesaban sobre
os labregos galegos, sendo un dos séus baluartes no Baixo Miño, participando en
mítines con Basilio Alvarez, Portela Valladares Ramón Salgado e outros
políticos de sona nacional.
Militou nas filas do Partido
Republicano Radical de Alejandro Lerroux, a través do Centro Republicano
Radical “Los Tabagones”, constituido legalmente o 20 de setembro do
1931, e na Asemblea Extraordinaria celebrada ese mesmo día, foi nomeado Presidente,
organización que os poucos días xa contaba con máis de 140 afiliados.
Lagarejos Rivas, gran lector e
coñecedor da flora e fauna, adicouse moito tempo a “predicar” nos agricultores
da zona os mellares tratamentos para o campo galego, escribiendo sobre diversos
temas relacionados co mesmo, así como tamén denunciando o caciquismo nos
semanarios existentes na comarca
Foi designado polo Goberno da
República en 1934, como Administrador Xeral do Edificio do Colexio do PP.
Xesuitas de A Pasaxe de Camposancos que había sido encautado para ser
transformado en Hospital Psiquiátrico.
A Sociedade de Agricultores de San
Miguel o elixe Tesoreiro, en 1935. Foi alcalde de O Rosal ata xaneiro de 1936,
sendo sustituido por José María Alonso Franco “O Cuncho”.
Gran amante do “balompié” desplazouse co Deportivo Guardés pola maioría
dos campos do Baixo Miño e Norte de Portugal.
Faleceu na rúa
de Abaixo (Tabagón) o 13 de febreiro de 1943 os 62 anos.
Datos
extraidos das publicacións de Xoán Martínez Tamuxe e de Joaquín Miguel Villa
Alvarez
Fotografías
de José Gardeazabal Rivas (Pepe Rivas) cedidas a InfoMAXE
No hay comentarios:
Publicar un comentario