lunes, 3 de febrero de 2014

(A GUARDA) 25 ANIVERSARIO DO CLUBE DE REMO ROBALEIRA ( II )

25 ANIVERSARIO DO CLUBE DE REMO ROBALEIRA
(DOS NOSOS APUNTES DO 1998)

Laura Baz Rodríguez, Conchi Adrover Pacheco, Inés González Alonso, Paula Rodríguez Simoes e Ana Alonso Vicente (Patrona) Campionas de España de Batel-1998 CASTRO URDIALES.


As noticias do mes de febreiro:
En nota de prensa asinada polo Delegado Emilio Baz Mauri se informa aos socios e aficionados que que o sábado 28 deste mes escomenza a Liguilla de Bateis en O Grove (Meloxo), donde o Clube participa cas seguintes categorías: Infantís e Cadetes Femininas (Campionas de España) e Infantil, Cadete e Seniors (actuais Sub-Campións de España


As noticias do mes de marzo: Na Liguilla de Bateis celebrada en O Grove cos seguintes resultados: As Infantís féminas acadaron o 1º Posto, seguidas de Cangas, as Cadetes Fñeminas, compitiu na categoría Xuvenil-Senior (unha categoría superior) logrando o 4º posto, a tan soio 5” da 1ª clasificada. Nas categorías masculinas, tivemos os seguintes resultados: os Infantís quedaron 4º, os Cadetes, 10º e os Senior, 4º

            O pasado 7 de marzo celebrouse en Cangas a 2ª Regata de bateis correspondente a Liguilla da Federación Sur, nún campo de regata en perfectas condicións para a práctica do remo e gran asistencia de público. O Clube acudiu cas categorias: Féminas: Infantil-Cadete e Xuvenís-Senior (actuais Campionas de España Cadetes)   que acadaron o Primeiro Posto en ámbalas dúas probas. En masculino, 4º Posto en Infantil e 9º en Cadete, pola súa parte, os Seniors (actuais Sub-Campións de España Xuvenil) acadaron o 1º Posto.

As noticias do mes de maio:
Na derradeira semán deste mes, o Clube participo na Copa Primavera (competición de ámbito estatal) na modalidade de remo olímpico, logrando os seguintes resultados:
Skip.-……..Cadete Masculino DAMIAN ALONSO, Medalla de Ouro
Skip.-……...Cadete Feminino.- INES GONZALEZ, Medalla de Ouro
Doble Skull.Cadete Feminino.-PAULA SIMOES-CONCHI ADROVER.- Medalla de Prata

            As noticias do mes de xullo:
O pasado domingo día 5, celebrouse en Castelo de Miño (Ourense) o Campionato Galego de Remo Olímpico no que o C.R. Robaleira presentou tres embarcacións, conseguindo proclamarse gañadores en tódolas probas nas que participaron e proclamándose os remeiros/as Damián Alonso, Inés González, Conchi Adrover e Paula Simoes,  Campións de Galicia.
            Estes remeiros/as tamén acudiron o Campionato de España de Remo Olímpico en Bañolas (Girona) os días 11 e 12 dese mesmo mes, proclamándose Campións de España.
           
            As noticias do mes de octubro:
                        Diversos medios de comunicación informaban na primeira semana de octubro do 1998 que os remeiros/as Damián Alonso, Inés González, Conchi Adrover e Paula Simoes, foron chamados polo Seleccionador Nacional de Remo Olímpico na categoría de cadetes.
            Os remeiros citados formarán parte da concentración que terá lugar en Bañolas do 12 o 22 de setembro. Esta é a primeria vez na historia do Robaleira en que varios dos/as  séus remeiros/as son chamados para formar parte da concentración da selección. Dende que habían sido entrevistados, estaban ansiosos por coñocer si o seleccionador contaría con eles para setembro, polo que as súas aspiracións e as do clube quedaron satisfeitas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario