PROMESA
A
mis queridos compueblanos,
Con
afecto sincero.
S-este
ano gerra non hai
e se morre a miña sogra
e o premio gordo me cai;
Si chego a vendela ben
unha casa qu-herdei
con joteiras mais de cen;
Si me poden
ser sacadas
as tres
muelas que, fai tempo
ando con
elas picadas;
Si comprar
logro uns antollos
pr-a poder
mirar as mozas
ben
miradas, con catro ollos;
Si c-o
ungüento que merquei
outra vez
me sale pelo
como qu-eu,
mozo, peinei;
Si encontro
a quen lle deixar
este reuma,
que me ten
de unha
perna a coxear;
Si o médeco
qu-ei de ir ver
Me corta un
hipo que teño
Que non me
deixa comer;
Si eu
realizo as miñas ganas
de qu-os
oídos me soplen
pr-a poder
oír as campanas...
Entón, e
non mais que entón,
no Monte de
Santa Trega
hei de
estar pr-a gran función;
Anque, pr-a
non faltar n-ela,
teña que ir
sólo, remando
metido
n-unha gamela...
Puerto
Rico, 1956
Joaquín Saúl
Publicado no libro das Festas do Monte de 1956
No hay comentarios:
Publicar un comentario