MONTE ARRIBA
VAMOS PR-A FESTA DE SANTA TREGA
Com-a nosa non hai outra
Parranda no
mundo enteiro:
Tocan os
ninós, as mozas,
E os mozos
baten pandeiro...
Hei-me de casar contigo
Aunque non
queira teu pai:
Qu-os
calzóns, na túa casa,
Qu-en os
leva, e túa nai...
O mozo qu-os trinta e dous
Inda non
supo atopar
Unha moza
pr-a muller...
Deberían-o
aforcar.
Escóita-me, guapo mozo
Con cara de
galopín:
¿Qué ten
aquela mais qu-eu,
Que non
reparas en mín?
Miña santa, Santa Trega,
Que-equí
tes gloria tan alta:
Concéde-me
qu-hoxe atope
O mozo que
me fai falta.
Por máis que vaias a misa
E confeses
cada mes,
N-has poder
entrar no Ceu
Con esa
cara que tes.
Vai-te pr-a lá, parrandeiro,
Qu-eu sei o
que ves buscar...
Anque tes
cariña d-anxel,
A min no
m-has d-enganar.
Miña sogra ten o reuma
E non hai
quen-a menée...
¡Santa
Trega, pon-a boa
si non
queres que rabée!
Non te faias pintureiro
Pr-a darlle
envidia as mulleres,
Qu-hasta
Santa Trega sabe
O gran
lacazán que tú eres.
Non hai mociña solteira
Que cando
se vai deitar
Non lle
diga a San Antonio
Qu-ela
tamen quer casar.
Meu home non ven a festa
E vou moi
contenta sola:
Levar de
rabo a meu home
É a cousa
que máis me amola.
Si t-has de casar conmigo
Non debes
tempo perder,
Qu-o mozo
qu-antes eu tiña
Escribiu
que vai volver...
Unha sogra com-a miña
Non hai
outra ni en Castilla:
Pr-a qu-eu
me casara deu-me
Casa,
comida e unha filla.
O meu mozo e miña nai,
Os dous,
non se poden ver...
y-eu, c-as
ganas de casar
que teño...
¡vou a morrer!
Gústas-me moito, rapaz,
E contigo
eu me casara;
Pero tes
unha naiciña
Qu-asusta,
o mirar-lle a cara.
O mozo qu-eu máis quería
Foi pr-a
guerra... ¡alá morreu!
¡Qué Dios
non lle pida conta
D-os
apertóns que él me deu!
Joaquín Saúl
San
Juan de Puerto Rico, 1951
Publicado no libro das Festa do Monte de 1951
No hay comentarios:
Publicar un comentario