lunes, 2 de junio de 2014

(A GUARDA) NO MONTE DE SANTA TECLA HAY UN “ENCANTO" por Ignacio de Altamar, libro Festas do Monte, 1950


            Fái moitos anos -(contabame moi serio o tio Chuco)- unha noite de San Xuan, fomos sacal-o encanto da Pedra Furada.

            D. José, que facía coma sempre de mestre de cirimonias, tiña con tempo todol-os matraquillos porparados: a estola, o libro de San Ciprián, desconxuros, pelos de can solteiro, cera virxen...

            O filo da medianoite, todos arrededor da Pedra co-a faldra de fora, como está mandado, D. José dando golpes d-estola á direita é esquerda, ún lendo no libro, outros facendo defumazos, e ou riscando no chan, co-a vara d-acibiño, os trece circos de S. Salomón, asomou unha cabeza pol-o buraco da Pedra, pasou dispois o corpo, e un personaxe descoñecido, de levita e cartola, ollos acesos, e barbas de chivo, plantouse no medio do curro.

            Eu sempre fun valente, mais d-aquela arripióuseme o cabelo, pegóuseme a lingua a o ceo da boca e fuxiume a fala, ó fixarme en qu-os pes tiña de cabro, do chapeo saíanlle dos corniños ben xeitosos, e nas faldretas dibuxábaselle craramente a rabo: era o mesmísimo Dargas en persona.

            ¿Qué me queredes? –inquiríu con voz de trono-. Ay Xesús. Dios mío, suspirei.

            Resoou, n-estre intre, un estrondo medoño, o demo desapareceu antre labaradas de fume ardente, e unhas mans peludas, saídas de non sei d-onde escomenzaron a repartir tales sopapos de lume, que cada ún podía deitar un boi.

            Sin darme conta, tolo, esquecido o encanto, corrín desbocado Monte abaixo, o suor empapábam-a roupa, faltábam-o alento e sentía correr xa a sangre pol-as pernas... ¡Ah del Rey! ¡que morro! Poiden berrar.

            Relembro somentes a voz de D. José: “Ay compañeiros o tio Chuco que mal cheira” –e caín sin vida, reventado da arca.

            Non podo creer nada d-eso, interrumpinlle bulron, mais a sangre... non sería sangre tio Chuco, , a ver si co medo...

            Cala, rapás, berroume o tempo que me botaba unha ollada de fogo, non confundas o civil co criminal; ti non tes fé, mais con todo, no Monte de Santa Tecla, na Pedra furada, hay un encanto, si señor, un encanto.

            Julio de 1950.                                                             Ignacio de Altamar.

Publicado no libro das Festas do Monte de 1950

No hay comentarios:

Publicar un comentario