martes, 26 de febrero de 2013

(A GUARDA) D. JULIAN LOPEZ GARCIA


JULIAN LOPEZ  GARCIA (1860-1938). Foi un dos fundadores e artífices da Sociedade Pro-Monte, e sobre todo o intelectual do grupo. Nos primeiros anos, por residir fora da localidade, tan só participou efímeramente na directiva, sendo vogal entre 1913 e 1915. Tralo séu regreso definitivo foi, Vice-Presidente dende 1925 a 1928, e Presidente entre 1928 e 1937. Nestes anos realizou a súa maior contribución a Sociedade Pro-Monte, a que consagrou por enteiro –non faltou a ningunha das reunións da Xunta Directiva- abandonando incluso os séus asuntos persoais.
Julián López García, naceu no seo dunha das familias de máis avoengo da Guarda. Estudou bacharelato nos xesuítas da Pasaxe e posteriormente baixo a tutela do séu tío Claudio López Portela, médico da Armada, ingresou por oposición nos corpos de artillería e aduanas, sendo o séu primer destino en Port-Bou en 1883. Nos anos seguintes pasou por diferentes puntos da península ata recalar na localidade luguesa de San Ciprián, onde coñeceu a Josefa Ríos Gómez, filla dun potentado indiano regresado de Cuba, coa que contrae matrimonio en 1890. Despois de casado terminou en Santiago a carreira de farmacia que iniciara en Sevilla. En 1893 pediu a excedencia en Aduanas para instalar un establecemento farmacéutico no pobo da súa esposa. Paralelamente a súa profesión, Julián López tivo tamén importantes negocios de Madeira no mesmo San Ciprián. O éxito acompañoulle ao principio coa plantación e repoblación de numerosos piñeirais. Sen embargo a fortuna foille esquiva na fase industrial do negocio. O séu primeiro serradoiro instalado en sociedade en Cordido (Foz), desapareceu nun incendio intencionado. Posteriormente instalou con outros socios a fábrica de productos químicos de Santa Margarita de Trasbar (Cervo), baseada na destilación seca da madeira. En 1896 concorreu cos séus productos a Exposición Rexional de Lugo onde lle concederon un Diploma de Honor. Non obstante, novamente foi víctima de mans criminais que lle incendiaron a súa nacente industria. Parece ser que os carboneiros daquelas aldeas crían que os séus productos lles farían a competencia e lles deixarían sen traballo. Durante unha das súas ausencias na Guarda, incluso a súa farmacia foi victima do lume, neste caso por un descoido do séu hirmán Juan, tamén farmaéutico. Nos primeiros anos do século XX, Julián López instalou en San Ciprián unha segunda fábrica de aserrar, que tamén sufriu un serio amago de incendio. Despois de tantas loitas e avatares, en 1921 retirouse de tódolos séus negocios trasladando definitivamente a súa residencia a vila de A Guarda. Alí, dende 1924, data do falecemento de séu fillo José Antonio, rexentou –sen atendela- a farmacia que este puxera na vila.
A faceta máis coñecida de Julián López García é, indubitablemente, a de intelectual. No séu paso polos xesuítas da Pasaxe foi discípulo do padre Baltasar Merino, co que sempre mantivo unha estreita amizade. El foi quen máis tarde lle animo unas súas primeiras afeccións botánicas q ue culminarían coa publicación da súa obra Contribución a la flora de Galicia. En 1900, e a proposta do mencionado xesuíta, Julián López, foi admitido como Socio de Número da Sociedad Española de Historia Natural.
A súa contribución máis importante, sen embargo, realizouna no ámbito local guardés, publicando nos semanarios da época gran cantidade de artigos sobre historia, arqueología ou política, destacando nos comenzos a serie que publicou sobre a historia da emigración guardesa a América. De feito era un home versado en asuntos hispanoamericanos, escribiendo en 1932-1933 un extenso folleto sobre o conflicto entre Colombia e Perú. Pero a súa gran paixon –herdada do séu pai Ramón López Portela- foi a arqueoloxía, disciplina que estudou con profusión e na que chegou a alcanzar notable erudición. El foi un dos primeiros en realizar, na prensa local guardesa, as primeiras sistematizacións e divulgacións dos descubrimentos arqueológicos do monte Santa Trega. Estes traballos concluirían no ano 1927 coa publicación da súa obra máis importante e coñecida: La Citania de Santa Tecla, o una ciudad prehistórica desenterrada. A fama que alcanzou entonces levoulle a manter correspondencia con todos aqueles arqueólogos que visitaron e asesoraron as escavacións do Trega, a particular en algúns congresos internacionais de arqueología, e incluso a ser nomeado membro da Asociación de Arqueólogos Portugueses. Cando faleu en 1938, estaba preparando unha segunda edición aumentada da Citania.
A súa ideología política foi sempre o tradicionalismo, a cal defendía case sempre nos séus escritos. Non en van o séu avó, Julián López Fernández, tamén farmacéutico, xa participara no Batallón Literario Compostelán durante a Guerra de Independencia contra os franceses. Partidario do autonomismo rexional e municipal, estaba en contra do liberalismo centralista e, polo tanto, moi próximo ao regionalismo político que propugnaban tanto os carlistas como os intelectuais do Rexurdimento liderados por Manuel Murguía.


Joaquín Miguel Villa Alvarez
(Boletín EXFIGALICIA-2007)




No hay comentarios:

Publicar un comentario