En xuño do 1912,
o remate da celebración do lúns de Pentecostés,
D. Julián López García, D. Manuel Lomba Peña e o crego, D. José Pedreira
Sobrino, no alpendre da capela, diante do deplorable estado do recinto e a
indiferencia das prácticas relixiosas no monte. xurdiu a idea de fundar unha entidade que dera
inicio a restauración da capela e mantivera as tradicions como se viña facendo
dende facía séculos.
Formouse a Comisión Organizadora, e noméase a Comisión Auxiliar para Puerto
Rico formada por Avelino
Vicente González, Ángel González Sobrino, Roque González Sobrino e José María
Lomba Peña, que se volcaron naquela illa.
O 29 de setembro de 1912, aprobase a creación da Sociedad Pro-Monte Santa Tecla, no
séu Regulamento se establecían os cinco fins da Sociedade: 1º. Conservar e
mellora-los edificios e obras anexas o santuario. 2º. Fomenta-las solemnidades
nos días de xubileo, e especialmente el Voto.
3º. Construir un camiño cómodo que dé acceso a cima do monte. 4º. Fomentar o
arbolado no monte. 5º. Fomentar cantas obras e reformas se consideren necesarias.
No debate, D.Constantino Candeira propuxo que: farían estudios arqueolóxicos no
monte, conservando e restaurando os que foran aparecendo. Que no aniversario da
fundación se celebrase cunha visita e
romaría o monte a cargo das familias dos socios.
Primeira Xunta
Directiva: Presidente: Manuel Lomba Peña, Tesoreiro: José Mª González Cividanes, Secretario:Pacífico
Rodríguez Rodríguez; Vocais: Julián
López García, Vicente de Vicente
Vicente; e Prior da Hermandad
do Clamor. Suplentes: Constantino Candeira González, Antolín Silva Vicente, César Troncoso González
Manuel Lomba Peña, Presidente fundador de la Sociedad Pro-Monte Santa Tecla.
A
FESTA DO MONTE: O 24 de agosto de 1913 tivo lugar a “primera fiesta del monte Santa Tecla”.
A Directiva invitó a todo o pobo a participar nese primer aniversario da
fundación da Pro-Monte.
O éxito foi total. Levando os directivos
de Pro-Monte a manifestar: «Como ensayo podemos decir que ha colmado
las aspiraciones de todos, y consideramos que, habiendo arraigado la idea, se
constituirá en una fiesta tradicional y clásica de este país». Convirtiuse na tradición máis sinalada de A
Guarda: a Festa do Monte.
Membros da Pro-Monte na Primeira Festa do Monte.
RESTAURACIÓN
DA ERMIDA (1913-1914).-
Foi a primeira obra, se reparou a
conducción da auga dende a fonte da Santa o inicio do antiguo vía-crucis, obras
pagadas por José Manuel Andreini Verde, emigrante en Nueva York.
En 1915 fixeronse as obras
da «casa dos cregos».
A
REPOBOACIÓN (1912-1919).-
O gran protagonista foi o tudense Rafael Areses Vidal. As plantacións, dos anos 1912-1914, no «Campo Redondo» e no Pico
San Francisco.
Nos anos, 1915, 1916 e 1917 celebrouse a Fiesta
del Arbol por iniciativa do Secretario da Pro-Monte, D. Pacífico
Rodríguez, co obxeto de involucrar aos rapaces na repoboación e amor polos
árbores e a naturaza.
No 1918 instalouse un viveiro preto do campo
de Chans.
Entre 1920-1925 edificouse a casa
forestal para as tareas de vixilancia e control, pasando o guarda a residir nela
ca súa familia.
A ESTRADA
DE SUBIDA (1913-1916).- Foi encargado de levar a cabo ditas obras, Julián
Belio. En 1926, colocanse as columnas de granito
indicando o punto por donde se subía o monte.
OS SENDEIROS.- Trala construir a estrada, fáise apertura
de camiños e sendeiros, a maioría entre
1917 e 1918
A
URBANIZACIÓN DA CIMA.-
Acometeuse entre 1915 e 1921, ca construcción de plazoletas, miradores,
escalinatas e terrazas
OS PRIMEIROS
DESCUBRIMENTOS ARQUEOLÓXICOS (1913-1926).- Ca creación da Pro-Monte
e aceptada a proposta de Candeira de que a arqueoloxía sería uno dos obxetivos
da entidade, encargouse ao socio en Madrid, Manuel Ángel Álvarez pedir os permisos para as
excavacións, obtidos o 26 de febrero de 1913.
Foron seis as excavacions nos primeiros anos:
Ignacio Calvo (1914, 1919 e 1923), e tres
pola Pro-Monte (1918, 1921 e 1926).
Un gran
divulgador desta época foi o farmacéutico Julián López García, responsable da
primeira síntesis da prehistoria do monte: La citania de Sta. Tecla o una ciudad
prehistórica desenterrada: apuntes arqueológicos, publicada en 1927
Inicio das obras da Casa Forestal
O MUSEO
DA PRO-MONTE (1917).- Creado
co material atopado, sendo o iniciador D. Pacífico Rodríguez.
O
INICIO DUN NOVO VÍA CRUCIS (1924).- Foi unha idea plantexada dous anos
antes por D. Julián López García. Sendo o artista Julio Vicent Mengual
A BIBLIOTECA CIRCULANTE DE PRO-MONTE (1921).- Tiña a súa sede no local do museo,
poñendo o alcance do pobo guardés a sociedade a posibilidade de ler os clásicos
e autores da época. Seu promotor foi José María Lomba
No hay comentarios:
Publicar un comentario