O primeiro selo no mundo aparece
o 2 de maio de 1840 en Inglaterra, España tardaría 10 anos máis en levar a cabo
esta reforma dos séus correos. A necesidade de comunicarse cos séus semellantes
que caracteriza os seres humanos, motivou dende a súa mesma existencia, que
xurdiran as priméiras formas de comunicación. Os priméiros medios de
comunicación a distancia, tales como: sinais de fume, tambores, pombas
mensaxeiras e o esforzo de individuos que de moi diversas formas trasladaban
mensaxes a grandes distancias, foron evolucionando conxuntamente co
desenvolvemento das civilizacións, para dar orixe aos priméiros correos
organizados.
Non é casual entón que se escollese a palabra "correo", que provén do
vocábulo "correr", para definir o "servizo público" que ten
por obxecto o transporte da correspondencia oficial e privada e que establecido
en todos os países, fai chegar ao seu destino pola vía terrestre, marítima ou
aérea a devandita correspondencia en forma de impresos, paquetes postais,
valores, etc.
É imposible establecer unha data
exacta do xurdimento do primeiro correo, sábese que no antigo Exipto, existía
transporte, as súas mensaxes enviábanse a través dos papiros, pero xeralmente é
aceptado que foi China o país que contou co primeiro servizo postal organizado,
arredor dos anos 222 ao 122 a .n.e.,
ademais de realizar achegas tan importantes para o correo como a invención da
tinta e o papel. A existencia do servizo de correos leva implícita a necesidade
de establecer as chamadas "marcas postais" antecesoras dos actuais
cuños e canceladores do correo, que son as evidencias imprimidas ou
manuscritas do percorrido e pagamento da correspondencia de que se trate.
Tendo en conta que o selo de
correos non xurde ata ben entrado o século XIX, comprenderemos que sendo o
servizo de correos moito máis antigo, existe unha etapa da historia postal na
cal a correspondencia carecía de franqueo por medio de selos. Esta é
precisamente a etapa coñecida como " pre-filatelia", que conclúe en
cada país co establecemento e uso dos selos postais polo correo.
A pre-filatelia como forma
particular de coleccionismo, consiste no atesouramento e estudo das cartas,
pregos, documentos, etc., que conteñan marcas postais (xeralmente nomes de
pobos ou cidades, con data ou sen ela) correspondentes á etapa anterior aos
selos de correo no país de que se trate. Pola súa antigüidade e escaseza,
trátase xeralmente de pezas altamente apreciadas e valoradas polos coleccionistas.
A Guarda non se queda atrás no uso destas marcas postais, recordar
que estas primeiras marcas utilizadas na Garda correspondían a toda a
correspondencia procedente de Santa María de Oia, A Garda
e El Rosal, éstes dous últimos, formaban un só Concello aínda que
posteriormente o correo seguía dependendo da oficina da Guarda ata
principios de século que aparece a primeira marca
de cartería do Rosal.
A primeira das marcas postais
da Guarda, tense constancia dela en cor negra da que se coñece unha
cuberta ou sobre sen data, inda que podemos afirmar que se trata do seculo
XVII.
A segunda marca utilizada pola oficina da Guarda, coñécense en cor verde, negro, azul e vermello, todas elas entre os anos 1799 e 1836.
A terceira das marcas, foi utilizada entre os anos
1838 e 1943, soamente se coñecen en cor vermella.
Por último, na
época prefilatelica, anterior á aparición do selo, temos a cuarta marca.
Aprobado polo Rexente do Reino en 15 de decembro de 1841, poñéndose en uso
segundo a orde de 15 de maio de 1842, non se coñecen frontais
da Guarda anteriores a 1848, e, utilizado posteriormente tamén para
anular selos ata 1854. Esta marca coñecida por "Baeza" encóntrase en
cartas con e sen selos. Curiosamente esta marca da Guarda xunto á
de Xinzo de Limia son as máis escasas de Galicia e de España, existen
moi poucos exemplares.
Durante os primeiros anos da
utilización do selo utilizábanse cuños xerais denominados mudos, carecían de
texto, e como se ensuciaba ou deterioraba a imaxe da raíña, que estaba no selo,
en 1854 ponse en funcionamento o cuño datador, aínda que nos primeiros anos, se
seguiron utilizando os dous, ata que finalmente os primeiros acabaron sendo
prohibidos.
Este primeiro dfechador,
denominado, "Fechadorr tipo I" foi utilizado na Garda dende 1854 ata
1865, coñécense en cor vermella, negra, azul e verde.
A partir de 1857/58, comézase a
utilizar un novo fechador "Tipo II", a característica máis notable, é
un tamaño máis pequeno e cambiaba a inscrición de Garda por La Guardia. Coñécense
cartas circuladas entre 1866 e 1878 e, só en cor negra.
Respecto a este cuño existe unha curiosidade, que
foi estudada e publicada por diversos autores. Durante algún tempo se considerou
que A Guada tubo nesta época un cuño distinto aos demais debido
a que a circunferencia exterior era de puntos. Chegando á conclusión que ante a
deterioración deste nese período de tempo e a data saía esborranchada, o xefe
da oficina de correos limou a devandita circunferencia e a data do ano.
A partir do 18 de xaneiro de 1878 comezou a
utilización do cuño chamado "Trevol", que estaría durante un curto
período de tempo xa que estes foron substituídos polos cuños fechadores de
dobre círculo con ponte central a partir de 1882. O 10 de Maio de 1883 o
Ministerio da Gobernación autorizou o encargo de 200 fechadores deste tipo,
este modelo coas súas modificacións a través do tempo é o que a chegado ata os
nosos días.
Bibliografía consultada:
afinet.eu, catalogo “Exfigalicia
98, Guía del coleccionista del sello de España, Marcas Postales de Galicia.
José A. Gándara Rodríguez
No hay comentarios:
Publicar un comentario