jueves, 27 de noviembre de 2014

(A GUARDA) 50 anos de historia da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa (1964-2014)

por

Joaquín Miguel Villa Álvarez

(historiador)

para a Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa con motivo do seu 50 Aniversario
Publicado no libro da Exposición EXFIGALICIA 2014

Introdución

            Ao cumprirse 50 anos da súa fundación, a actual directiva da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa (SFNG), consciente da importancia deste aniversario, decidiu elaborar unha breve historia da asociación. Unha tarefa que nos confiou con todo o cariño e que aceptamos gustosos, poñendo mans á obra no verán de 2014. Para a realización do presente estudio utilizamos as seguintes fontes primarias: o Libro de Actas do Grupo Filatélico Guardés (1964-...), pp. 1-86 (a referencia central); o Libro de Socios do Grupo Filatélico Guardés (1964-2010), 79 fs.; tres libros de actas da Sociedade Pro-Monte Santa Tecla: (1954-1964), (1964-1975) e (1975-1979); e finalmente a colección filatélica e documental da historia da Sociedade recompilada por Marta Verde Rodríguez. Como fonte secundaria principal empregamos os 35 números editados –dende o ano 2000 ata o presente– do Boletín Exfimiño da propia Sociedade Filatélica. (Por certo que dende o nº 2 ao nº 21 –de 2000 a 2006– foron transcritas e publicadas nun apartado titulado «Historiando», que supoñemos da autoría do fundador e redactor do Boletín Antón Ferreira Lorenzo, as actas da Sociedade escritas entre 1964 e 1992). Moi útil resultou tamén un artigo de Juan Álvarez Sobrino publicado no Libro dás Festas do Monte 2001, pp. 57-61, titulado: «Fundación del Grupo Filatélico y Numismático Guardés en el año 1964». (Este traballo foi divulgado posteriormente, entre 2003 e 2004, nos números 10 ao 15 do boletín Exfimiño). Sen esquecer a información contida no blog da Sociedade, filateliaguardesa.blogspot.com, existente en Internet dende o ano 2010. E por suposto, toda a axuda e información subministrada polo actual secretario da asociación José Ángel Gándara Rodríguez. O resultado final é este artigo que agora presentamos.

I. A fundación (1964)

Na reunión da directiva da Sociedade Pro-Monte Santa Tecla (1912-1979) do 7 de xuño de 1964 leuse unha carta presentada por un grupo de socios na que solicitaban a organización dunha «Sección Filatélica» no seo da Sociedade. A idea foi acollida con agrado por toda a directiva, acordándose que fosen os directivos Francisco Sobrino Rodríguez e Alfonso Martínez Peniza os que estudasen o seu encaixe legal no Regulamento de Pro-Monte.[1] Formouse entón unha Xunta Organizadora formada polos propios Francisco Sobrino e Alfonso Martínez, xunto con Ángel Luís Troncoso Alonso, Antonio Rodrigo Pantaleón Saúl, Anastasio Manuel Fuentes Gómez e Gustavo Pou Díaz, para dar forma a nova entidade. Finalmente, o domingo 28 de xuño de 1964, ás 12 do mediodía, celebrouse nas dependencias do Cine Avenida unha Asemblea fundacional na que se constituíu o Grupo Filatélico Guardés, como unha sección cultural da Sociedade Pro-Monte. Á devandita reunión asistiron un total de 14



[1] Actas Ordinarias da Sociedade Pro-Monte Santa Tecla (1954-1964), f. 97.

filatélicos: Francisco Sobrino Rodríguez, Alfonso Martínez Peniza, Ángel Luís Troncoso Alonso, Antonio Rodrigo Pantaleón Saúl, Anastasio Manuel Fuentes Gómez (membros da Xunta Organizadora), Azucena Andrés Álvarez, María de los Ángeles Iglesias González, Emilio Rodríguez Rodríguez, Agustín Lomba Gómez, Francisco Giráldez Lomba, Antonio Pereira Portela, Ignacio Iglesias Trigo, Manuel Alonso González e José Luis Lomba Alonso. Outros tantos non puideron estar presentes, pero manifestaron o seu desexo de afiliarse aceptando todo o acordado nesta reunión.[2]

A continuación leuse o Regulamento polo que se debía rexer a nova asociación, o cal foi aprobado por unanimidade. A súa finalidade quedou xa perfectamente definida nas primeiras palabras do Libro de Actas aberto ese mesmo día:

Hacía ya tiempo que entre los filatélicos de esta villa se comentaba la necesidad de agruparse en una sociedad, y por medio de la cual poder realizar reuniones, subastas, peritajes, circulación de libretas, celebración de exposiciones; es decir, constituir una entidad que defendiera a los aficionados como tales a la par que se fomenta y acrecienta esta magnífica faceta cual es el coleccionismo de sellos.[3]

No Regulamento quedaba ben claro que, aínda que o Grupo Filatélico Guardés nacía como unha sección da Sociedade Pro-Monte Santa Tecla, funcionaría con plena e total autonomía. Finalmente, tras aprobarse unha cota mensual de 10 pesetas para os socios de número e a metade para os aspirantes, procedeuse ao nomeamento da primeira Xunta Directiva, sendo elixida por aclamación a seguinte:

Presidente:                             Francisco Sobrino Rodríguez
Vicepresidente:                       Alfonso Martínez Peniza
Secretario:                              Ángel Luís Troncoso Alonso
Vicesecretario:                       Francisco Giráldez Lomba
Tesoureiro:                             Custodio González Barreiro
Delegado de cambios:            Anastasio Manuel Fuentes Gómez
Sección aspirantes:                 Gustavo Pou Díaz
Vogais:                                   Antonio Rodrigo Pantaleón Saúl
Juan Álvarez Sobrino[4]

Ao parecer, a directiva organizouse formalmente o 10 de xullo de 1964, día en que se abriu un Libro de Socios onde se inscribiu a relación dos 32 socios fundadores, así como dos cargos directivos. (Véxase CADRO 1)

CADRO 1
Socios fundadores do Grupo Filatélico Guardés (10 de xullo de 1964)
Nº socio
Nome
Cargo directivo
1
Sobrino Rodríguez, Francisco
Presidente
2
Martínez Peniza, Alfonso
Vicepresidente
3
Troncoso Alonso, Ángel Luís
Secretario
4
Giráldez Lomba, Francisco
Vicesecretario
5
González Barreiro, Custodio
Tesoureiro
6
Fontes Gómez, Anastasio Manuel
Delegado de cambios
7
Pou Díaz, Gustavo
Sección aspirantes
8
Pantaleón Saúl, Antonio Rodrigo
Vogal
9
Álvarez Sobrino, Juan
Vogal
10
Álvarez Gómez, Odel

11
González, Manuel C.

12
Alonso González, Manuel

13
Alonso Sobrino, Alcides

14
Andrés Álvarez, Azucena

15
Carrero Vizoso, Alejandro

16
Conde Galiñanes, José

17
Español Gil, Juan

18
Fernández Martínez, Ramón

19
González Otero, Manuel

20
Iglesias González, María de los Ángeles

21
Iglesias Trigo, Ignacio

22
Lomba Gómez, Agustín

23
Pequeño Alonso, José

24
Pereira Portela, Antonio

25
Ravelo Portela, Manuel

26
Rodríguez Cadilla, Ana María

27
Rodríguez Rodríguez, Emilio

28
Rodríguez Sánchez, Camilo

29
Seoane Seoane, Guillermo

30
Sobrino González, María del Carmen

31
Villa Carrero, Manuel

32
Villaciervos Gil, Joaquín

FONTE: Libro de Socios do Grupo Filatélico Guardés (1964-2010), fs. 1-32 y 35. Nese mesmo ano 1964 inscribíronse outros catro socios máis: Agustín Pena Pacheco (nº 33), José Luis Lomba Alonso (nº 34), Serafín Álvarez Sobrino (nº 35) e Manuel Martínez Marcos (nº 36).



[2] Libro de Actas do Grupo Filatélico Guardés (1964-...), pp. 1-2; e Exfimiño, nº 2, setembro 2000, pp. 4-5. Nesta primeira acta cítanse os nomes de doce deses socios ausentes: Gustavo Pou Díaz (membro da Xunta Organizadora), Manuel González Groba, Julián López Ríos, Agustín Pena Pacheco, Juan Álvarez Sobrino, Luis Cadilla González, Guillermo Seoane Seoane, Juan Español Gil, Custodio González Barreiro, Odel Álvarez [Gómez], Alcides Alonso Sobrino e Juan Español Gil.
[3] Libro de Actas do Grupo Filatélico Guardés (1964-...), p. 1.
[4] Libro de Actas do Grupo Filatélico Guardés (1964-...), pp. 2-3.

Continuara...

No hay comentarios:

Publicar un comentario