jueves, 30 de enero de 2014

(A GUARDA) 25 aniversario do CLUBE CICLISTA GUARDES

Ano 1991 na marcha Ourense-Cabeza de Manzaneda
Victor, Carlos Alonso, Serafín, Mingos, Nando, Manuel Benito, Antonio Braga, Gándara e Peniza
FUNDACION
Reunidos en A Guarda as 20 horas do día 1 de xuño de 1989, as persoas que a continuación se citan, Manuel Vicente Martínez , Ignacio Rodríguez Rodríguez, Manuel Coimbra González, Ignacio Delfín Saa González, e Carlos Alonso Fernández expresan a súa vontade de asociarse para fomentar e desenvolver actividades físico-deportivas  e para isto, fan consta-la súa proposición de funda-lo Club denominado “Club Ciclista Guardés” con domicilio social na calle Concepción Arenal  nº 30 de A Guarda.
O 29 de xullo levantase acta de aprobación dos estatutos do Club e elíxese unha xunta directiva que queda formada po-los seguintes membros:
PRESIDENTE: Manuel Vicente Martínez
VICE-PRESIDENTE: Enrique Fernández Cadilla
SECRETARIO: Ignacio D. Saa González
TESORERO: Carlos Alonso Fernández
VICE-SECRETARIO: Elías Rodríguez Rodríguez
VICE-TESORERO: Manuel Coimbra González
VOCALES: Antonio Eduardo García Braga
Emilio Martínez Rodríguez
Crisanto Matos Acevedo
Domingo Martínez Vázquez
Armando Verde Andrés
Ignacio Rodríguez Rodríguez
Elpidio Sobrino Alvarez
Os estatutos son presentados no Rexistro de Clubes da Dirección Xeral de Deportes da Xunta de Galicia o día 20 de outubro de 1989 e aprobados o día 23 do mesmo mes e ano co número 2.304


1991 en Puebla do Carabiñal
Gándara, Manuel Benito, Mingos, Mingos Rodríguez, Antonio Rodríguez, Manolo Coinbra, Antonio Braga, Elías e Toñete. 
TRAXECTORIA
A maioría dos membros que formaron a primeira Xunta Directiva xa viñan practicando o deporte da bicicleta  e contaban co patrocinio de  Caixa Galicia que lles subvencionou os primeiros equipaxes.
Maduran a idea de crear un Club e a mediados do 1989 sentáronse as bases e constituíse a tódolos efectos chegando a contar con cerca de 50 socios federados, case a totalidade, que ó fai acredor naqueles momentos ó Club mais numeroso de Galcicia na súa categoría de “cicloturista”.
Ata ó 31-12-1991 o Club levará equipaxes coa publicidade do patrocinador  Modas Alonso.
A Caixa de Pontevedra patrocina os  chuvasqueiros
A partir do ano 1992 deséñase unha equipaxe sen publicidade que vai ser a imaxe corporativa do Club.
O Club foi medrando e no ano 1991 organizou a “I Marcha Cicloturista Internacional Monte Santa Tecla” ata dezanove edicións. No ano 1993 realizase a “I Marcha da Llota” chegando as dezasete edicións.
Comezase a participar en marchas que organizan outros Clubs tanto de carretera como de montaña.
Institucionalizase a “cea fin de tempada” e “festa do Club”.
Tamén se organizan desprazamentos acompañados das familias a lugares con portos de montaña importantes como Tourmalet, Lagos de Covadonga, Serra Nevada, Covatilla, Angliru.
Nos Anos Santos os ciclistas  van en bicicleta ata Santiago e a familia en autobús. Despois dun bo xantar enxebre, paseo polas rúas, visita o Apóstolo e regreso todos xuntos no autobús.

O Club colabora coas Festas do Monte, Concello e Deputación.
Ano 1994
Fila de arriba: Pepiño, Epi, Segundo, Flores e Elías.
2º fila: Manuel Coimbra, Benito Peolla, Tito, Miguel, Juan Francisco, Manuel Benito, Tonio, Ignacio Saa, Pablo e Crisantos.
Fila de abaixo: Gándara, Ignacio, Carlos, Mirás, Luís, Tito Brey, e Morales
Ano 1995 Marcha de Trives-Alto da Moa
Juan Francisco, Gándara, Tonio e Flores
Antonio Braga, Mingos, Gildo e Segundo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario