jueves, 9 de enero de 2014

(A GUARDA) D. AGUSTIN NANDIN LOMBA

 D. AGUSTIN NANDIN LOMBA


            A aparición do apelido NANDIN en A Guarda xurde a raíz do casamento entre José Benito Nandín Pérez (natural de Redondela) e a guardesa María Juliana Villafruela Santos, o 29 de novembro do 1815, que era herdeira dún almacén de mercadurías e venta de tabacos na Praza do Reló.
            Este matrimonio tivo 9 fillos, dos cales, 5 emprenderon o viaxe da emigración, con dispares resultados, Manuel Antonio e Rafael, foron a Cuba, falecendo moi xóvenes con pouco máis de 20 anos. Constantino, ao punto de referencia dos guardeses daquela época, foi a México o igual que o menor dos irmáns José María, morrendo naquelas terras.
            Bernardino Marcelino Nandín Villafruela, foi quen quedou a cargo do negocio familiar, casando o 3 de xaneiro de 1855 con Manuela Bernarda Vicente Vicente, fruto deste matrimonio naceron sete fillos, un deles Angel Nandín Vicente, socio fundador da serrería NANDIN Y VICENTE, instalada nas inmediacións da Ponte do Tamuxe, casou con Emilia Lomba Peña, tiveron 13 fillos, sendo o 5º desa prole, AGUSTIN FELIX NANDIN LOMBA, (1º de maio de 1896--07 de xullo de 1983)
            Levou a cabo os séus primeiros estudios na Escola Pública Nº 1º a cargo de D. Manuel Rodríguez Sinde, pasando logo o Seminario Maior de Tui, donde foi ordenado Sacerdote o 15 de xuño de 1919 cando contaba 23 anos de edade, polo bispo D. Manuel Lago González, cantando súa primeira misa en A Guarda, doce días despois, o 27 dese mesmo mes, sendo nomeado cura ecónomo da parroquia da Nosa Señora do Carme en Troncoso (Mondariz), e donde o pouco tempo foi atacado pola enfermedade da gripe que asolou o país enteiro e que o tivo as portas da morte, polo que deixou a parroquia e estivo en cuidados e tratamento o longo de dous longos anos.
            O 1º de xullo de 1924, é nomeado coadxutor da Colexiata de Santa María a Maior de Vigo, donde estivo ata a súa jubilación.
            Foi profesor no Instituto Santa Irene, Membro da Comisión de Arte da Diócesis de Tui e Presidente da Acción Católica, todo en Vigo, así mesmo, Presidente do Secretariado de Misións de Tui-Vigo e Peregrino Perpétuo da Virxe da Franqueira.
            Celebrou as súas Bodas de Prata (27.06.1944) e de Ouro (1969) en A Guarda, donde faleceu o 07 de xullo de 1983.
           
Entre as aficcións máis arraigadas de D. Agustín, podemos mencionar a poesía e o dibuxo, ainda que non Amadou a categoría de séu irmán Angel, -afamado ilustrador da revista, Vida Gallega, editada en Vigo, dirixida por Solá- realizando unha ampla colección de persoaxes guardeses, publicando diversos artigos nos xornáis “Faro de Vigo” e “Galicia Social” así como alguna das súas  poesías e dibuxos apareceron nestes medios de comunicación, así como tamén nas Tarxetas de Felicitación do Museo Diocesano de Tui.
            En 1935, aparece a súa primeira relación co culto a Santa Trega, non tendo daquela ningunha vinculación ca Hermandad del Clamor, nin ca Sociedad Pro-Monte de Santa Tecla,  pero conocendo de primeira mán todo canto acontecía, xa que é de lembrar que séu irmán Angel era o Tesoreiro da Pro-Monte dende o ano 20,  continuando nese cargo ata 1940
            En agosto de 1935, redactou un informe de 15 páxinas no que expoñía a necesidade de renovar a tradición religiosa –que se mantíña a través dos séculos e que naqueles momentos se atopaba en crise, situación que non era a primeira vez que acontecía, como fora no caso de finais do século XIX e principios do XX, polo que o estado da hermita era ruinoso, e foi un dos motivos que provocou a aparición da Sociedad Pro-Monte Santa Tecla, en 1912.  Sendo un dos motivos da aparición desta entidade a que potenciou a restauración das instalacións da Capela de Santa Trega e aledaños, as excavacións do poblado castrexo e a repoblación forestal convirtíndollo nun referente turistico de primeiro orden.
            “…si justo es declarar que todo eso, en el Monte Santa Tecla, ha prosperado, mejorado y crecido, justo es también confesar, y triste resulta pensarlo, que no ha sucedido así en lo que respecta a la parte religiosa…”
            Diante desta situación de decadencia, no informe de 1935, D. Agustín propoñía a creación dunha nova asociación relixiosa: La Cofradía del Santuario de Santa Tecla, da que sería o séu obxetivo principal sería a recuperación das antigas tradicións diante dos momentos difíciles que se vivían naquela época. Esta nova entidade non sería un impedimento para que seguira funcionando a Hermandad del Clamor, senón que sería un reforzo naquelas cuestións que necesitase.
            Na exposición da nova sociedade, D. Agustín expón unha das súas maiores aspiracións: un novo santuario de Santa Trega.

           
Aquel proxecto, non foi moi tido en conta, e trala guerra, volveu a ser tomado con máis forza a partir dos anos 50
            O 18 de agosto do 1941, foi nomeado por primeira vez Prior da Hermandade do Clamor para o periodo 1941/42 a proposta do párroco de Salcidos, D. Martin Alvarez Alvarez, sendo reelexido para a etapa do 1942/43.
            De novo foi elexido Prior o 22 de agosto de 1949, sendo renovado ata 1956, o longo destes sete anos, levou a cabo unha alta contribución, entre elas, a máis urxente a restauración da ermita.
            Outra das súas grandes empresas foi o de conseguir unha reliquia de Santa Trega para o Santuario do Monte, e despois de carecer de información e descoñecer as xestións levadas a cabo, contou ca colaboración do P. Salvador Roig, Tenor da Catedral Metropolitana de Tarragona, a cal foi concedida o 1º de agosto do 1950 ao Obispo da Diócese Tui-Vigo, Fray José López Ortiz, quen a entregou o 31 de agosto dese ano a D. Agustín Nandín Lomba.
            O relicario que conserva a reliquia foi ofertada o 14 de octubro pola Orfebrería Angel de Santiago por un monto de 6.500 pesetas, pedindo 2.000 pesetas a cada un dos indianos ca condición de que séu nome quedaría gravado na reliquia, séu irmán Joaquín Nandín Lomba, en Colombia, Florindo González Español, de Venezuela, José Benito Trigo Alvarez, en República Dominicana e a Laureano Trigo Alvarez, en Puerto Rico, quenes abonaron o relicario que foi rematado o 3 de abril de 1.951
            Logo construiuse un templete por a cargo de Francisco Conde, con madeiras de cedro, donadas por Alcides Alonso Sobrino, os gastos foron sufragados por D. Julian López Rios, sendo un regalo da Casa Arte de Vigo, as tulipas que se incorporaron ao templete.
            Tras recoller o relicario, o 3 de maio, foi levado a Vigo, sendo depositado na sé de Acción Católica, desde donde se levaron a cabo tódolos preparativos para a súa traslación hacia a ermida do Monte.
            O día 19 de Agosto de 1951, chegou as 5 da tarde o Mosteiro de Oia, saindo acompañada por unha gran caravana de coches, entrando en A Guarda as 6 da tarde, sendo recibida con repique de campás e foguetería fronte ao Colexio das  Carmelitas por gran cantidade de veciños encabezados polos Alcaldes de O Rosal e A Guarda, D. Ermelindo Portela Gómez e D. Manuel Pérez Pérez, o bispo Frai José López Ortiz e o clero da comarca e os párrocos das sete parroquias da Hermandade do Clamor, quenes sairon en procesión, levando o templete e mariñeiros uniformados trasportaban a imaxe da Santa, estando as rúas que ían hacia o concello engalanadas con colgaduras e bandeiras, namentras o Coro das Hijas de María entonaban cánticos, especialmente os dedicados a Santa Trega, enviados dende Tarragona, remitidos polo P. Roig.
            Trala intervención do bispo e dada a reliquia a bicar polos asistentes, pasando as autoridades a un lunch no Concello e na Cociña Económica, foron distribuidas comidas gratuitas para as familias necesitadas da comarca.
            O día 20, as sete da mañán organizouse a procesión de subida o monte para cumpli-lo Voto por parte dos homes como é a tradición e na xuntanza do clero, foi de novo reelixido como Prior, D. Agustín Nandín Lomba e como Secretario D. Gabino Goberna Costas, párroco de San Miguel de Tabagón, quen desenrrolou esa función dende 1949 a 1969, sendo Prior en 1969 e 1970
            23 de setembro de 1951, primer ano da celebración da Festa de Santa Trega, trala chegada de reliquia, na misa solemne, o Coro de Hijas de María, interpretou os Himnos a Santa Tecla, dos que era autor o Mestre da Capela da Santa na Catedral de Tarragona e a letra do poeta daquela localidade D. Juan Antonio Guardias.
            Como se fixo referencia anteriormente, D. Agustín, xa dende 1935 tiña en mente a construcción dún novo templo na cima do monte, o plan escomenzou a desenrrolar de novo a partir de 1953, para convertila capela nunha auténtica basílica, pedindo a colaboura dos guardeses emigrados, especialmente en Puerto Rico, donde salvo algunhas excepcións, no resto non tivo gran acollida a súa gran ilusión, deixándoa de lado ante a imposibilidade de levala a cabo.
            No ano 1952, no Xubileo do Voto, celebrado o 18 de agosto, (día de choiva) un dos sacerdotes oficiantes, foi o bispo auxiliar da República Dominicana, monseñor Gallego, asistindo tamén os monxes Mercedarios de Poio, informando a Hirmandade do Clamor, que as madeiras dos partalóns do adro habían sido regaladas por Serrerías del Miño, que a Comisión de Festas do Monte, había donado 500 pesetas e que o Concello estaba predisposto a devolver o Pinar da Santa.
            Asi mesmo, informou da necesidade de restaurar a imaxe da Santa, a cal foi enviada a Rodríguez & Fuente, taller de arte relixioso de Santiago, a cal tralos traballos pertinentes, a enviou a Vigo e por ausencia de D. Agustín, quedou en depósito na empresa de transporte “La Camerana”, a cal cando a entregou atopouse que o embalaxe había sido aberto e a imaxe apareceu con manchas nas máns e na cara, así como tamén cúns amplos bigotes pintados en negro. A doble restauración da imaxe costou 820 pesetas.
            En maio de  1953, presentou e expuxo ao público o “Lignum Crucis” que había sido do Bispo de Nova Nursia (Australia) Frei Rosendo Salvado Rotea, nacido en Tui e oriundo de San Juan de Tabagón por línea materna, quen o había donado por medio de séu irmán Frei Santos quen residiu nos últimos anos da súa vida como capelán do Convento das Benedictinas, a D. Bernardo Alonso Martínez, polas axudas económicas que recibiu na súa actividade entre os aborígenes australianos.
            D. Agustín Nandín Lomba, recibiu este Lignum Crucis” de Dona Consuelo Melón Alonso, para o santuario de Santa Trega, o cal se expón nos actos máis importantes.
            Outro dos proxectos que non pasou diso, do dibuxo no papel o non obter respaldo cidadán nin financieiro, foi a idea de construir un “Pórtico da Escala Santa” o  pé da subida o Facho, presentado no 1954
            Asi mesmo, outro dos acontecementos de maior difusión que se levou a cabo na ermida, (aparte das distintas reparacións feitas en diversos anos) foi a celebración dos seiscentos anos da institución do Voto a Santa Trega, que presidiu o bispo da diocése de Tui-Vigo, D. José López Ortiz, no ano de 1955, sendo renovada por unanimidade toda a dirección da Hermandade do Clamor.
            Na celebración do Voto, o lúns 20 de agosto de 1956, foi elegido Prior para o ano 1957, D. Francisco Sáa Aldir, sendo nomeado para Celador do Monte, D. Agustín Nandín Lomba, non volvendo aparecer nas distintas Xuntas Directivas.     
            Pasou o resto da súa vida, cumplindo súas obrigas nas distintas organizacións das que formaba parte en Vigo, e aproveitando tódolos momentos para estar no séu pobo e ca súa familia en A Guarda ata o séu falecemento.
            O Concello de A Guarda, o 28 de agosto de 2.001, adicou unha rúa a Don Agustín Nandín  Lomba no lateral da igrexa parroquial.





 Datos extraidos da publicación:

UNA RELIQUIA DE SANTA TECLA EN A GUARDA: HOMENAJE A AGUSTIN NANDIN. de Joaquín Miguel Villa Alvarez-A Guarda.-2.001

No hay comentarios:

Publicar un comentario