LA VOZ DEL TECLA
(Año 2 – La Guardia (Pontevedra), 20 de
Enero de 1912 – Núm. 39)
COLOQUIOS TÍPICOS (2)
Que triste e á vida dos proves
MANUEL DA
ROBALEIRA
Buenos
días nos dea Dios, Guanito ¡Qué tempo hay que non te viron os meus ollos!
-De
veras, tío Manoel, ostede coa inverneira non sale da casa, fay coma os coellos,
métese na cazapeira é nin con furón sai dela.
-Ca
hombre ¿Quén sai da casa con tanta choiva? E min faeme moito daño as
molladuras; saín nonturdía hasta á parediña para ver ó mar que andaba moito, é
se me descuido amólame cando veo aquel andaso grande que chegou á porta da
ferroleira, escanjallou unas poucas de jamelas é fixo mil indinidades naquela
ribeira, se viras á que paso fuxía para casa…
-Pois se
estuvera vostede en onde estaba eu é máis outros… entrou o mar pola porta da
taberna enchéusenos ó xarro do viño de ajua saljada; se vira vostede os homes
ajabeados os bancos é o mostrador é ó mar pola bodeja correndo dun lado para
outro, á xente gritaba que daba medo, díjolle tío Manoel que aquilo paresía ó
día do gran juicio.
-Créoto
ben Guanito, que onte como era domingo fun á dar un paseo hasta o varadero, e
cando vexo no pantano como quedou o petril da carritera, persineime con toda á
man; aquilo pares un tren escarrilado, recorio.
-Mirostede,
tío Manoel, que hasta lle arrancou o parajuas ó farol de enfiliamento da porta
da tía Tomasa.
-Pois
amijo, é seu tiempo; é con este andaso tan grande xa veras como dentro de
poucos días hay una barda de arjaso que boa falta fai para saxar aljunhas
perriñas, xa que pesquerías non hay.
-Dios
veña con ela Tío Manoel; eu xa teño o meu arraston apreparado.
-E, dime
unha cousa Guanito, oxe non deixarás de ir á Sanamaro, á Camposancos…
-¡Oh! Tío
Manoel, boa jana tiña de ir á arrincar á cañota e oír unha santa misa, pero hay
poucos jaños, e para máis teño á Locadia muy mala, tío Manoel.
-Coitada
¿é que ten?
-Eu non
sei; nonturdía dixome que lle fose chamar ó médico, e lojo veo don Pasífico…
-E que
dixo que era ese mal?
-Pois
díxome que era… eu non sei, os médicos sempre lle dan uns nombres moi
arrevesados que nos non entendemos. Ixo que era unha in… in non me acorda o
demáis tío Manoel; él o que me deu un papeliño, fun á botica de D. Binito deume
un paquetiño con uns polvos é díxome como había de facer, e díxome: ostede
deásela toda que ha de ser mi buena; e cheguei a casa deillo todo como él me dixo, dunha vez, unha
cunca; tomar, tomou todo, con moito traballo; debía ser mi ajre pero pola salú
todo se fai tío Manoel.
-¿E,
fixolle proveito?
-Eu non
sei tío Manoel; isto foi nontronte aplamañán eli polas sete, cando á tomou;
antes do meo día… púxose moi mala demáis… eu pensei que xa morría, o que votou
daquele cuerpo, solo Dios yo sabe é máis eu, tío Manoel. Esí e que, mire que
justo ei de ter para ir á Sanamaro. Tansiquiera me acordaba que oxe era tal
día; solo que fun ai pouco á misa do convento é vin elí o santiño con moitas
luces e acordeime del; metín á man no bolso, tiña duas perras, chamei por Guan
Antonio, deille unha para que lla pusese de candeas é mentras llas poñía
receille unha salve poa salú da Leocadia, coa outra perra, tío manoel, fun
tomar á mañán á casa de Evaristo, e equí me ten; mire que ganas terei eu de
festas, nin de sanamaros.
-Tes
razón Guanito ¡Qué triste e á vida dos proves!...
No hay comentarios:
Publicar un comentario